Pouco despois do inicio do outono, chegaron, como cada ano, dúas das divertidas festas tradicionais que non podían faltar no noso colexio, o Samaín e o Magosto.
A causa da celebración do Samaín, antiga festa de orixe celta que celebraba o fin do verán, as aulas convertéronse en lugares terroríficos cheos de morcegos, cabazas encantadas, bruxas e arañas.
Como di a lenda, durante esta festa, é máis fácil transitar e camiñar entre ambos mundos e, ao longo da mañá, animáronse a crear e ler relatos monstruosos e facer divertidas actividades e xogos para celebrar esta data.
Aquí podemos ver, a decoración das clases que creou un ambiente terrorífico durante esta festividade 😱😨.
Debido á importancia de manter as nosas festas tradicionais e continuar transmitindo a nosa cultura ás novas xeracións, ademais do Samaín, chegou o esperado día do Magosto. Durante esta celebración, o alumnado desfrutou dunha nova festa, facendo actividades relacionadas con este día.
Non podía faltar o desenvolvemento da creatividade, onde se viu un gran traballo creando uns portacastañas moi enxeñosos cos que desfrutaron despois da degustación das deliciosas castañas asadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario