O 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.
Os impresos facilitaranse na secretaría do centro (previa cita 981 255 244) e estarán tamén dispoñibles nos seguintes enlaces do concello, onde tamén teredes máis información:
A solicitude e a documentación a achegar, poderá presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.
Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario