luns, 31 de xaneiro de 2022

Día da educación e da non violencia 2022

Este ano no Colexio Cid conmemoramos conxuntamente o Día da Educación e o Día da Non Violencia e a Paz porque consideramos que a educación é fundamental para desenvolver a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzarán o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos de outras persoas.

A continuación amosámosvos unha mostra dos traballos que se fixeron para conmemorar estes días.

Un mural colaborativo no que participou todo o colexio,

unha chuvia de desexos de paz que inundou todo o patio,

e moitas pombas, mandalas, gotas...























Tamén vos deixamos uns vídeos con moito ritmo.

 




 La paz no es algo que deseas, es algo que haces. 

– Robert Fulghum

 

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario