A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o Anexo I na Secretaría do colexio con cita previa (981 255 244).
Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega.
O prazo é do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario