O pasado venres día 8 de marzo o alumnado de 3º e de 6º de Primaria fixeron sendas visitas culturais a dous espazos moi relevantes da cidade da Coruña.
Dunha banda os cativos de 3º de Primaria visitaron a casa museo de Picasso mentres estivo vivindo na Coruña, e tamén visitamos o instituto Eusebio da Guarda.
Por outra banda, o curso de 6º de Primaria realizou unha visita ao Castelo de San Antón, antiga fortificación construída para a defensa da cidade da Coruña, situado fronte o Paseo do Parrote, na coñecida como "Illa da Pena Grande".
A exposición que exhibe o Museo Arqueolóxico e Histórico ten pezas de incalculable valor que abranguen dende as orixes da civilización en Galicia ata a historia máis moderna da cidade e da provincia. Vemos nas fotos as que máis nos chamaron a atención.
Aínda que o día non acompañou, pasamos unha xornada diferente aprendendo na nosa contorna. Recomendamos desde aquí realizar a visita tanto a Casa Museo Picasso coma ao Castelo de San Antón (gratuíto todos os sábados).
Ningún comentario:
Publicar un comentario