O alumnado de Educación Infantil estivo traballando nun proxecto sobre arte e visitou o Museo de Belas Artes da Coruña, para profundizar un pouquiño máis o traballado na aula e tamén para aprender e poder ver de primeira man outras cousiñas e así obter mais información para poder continuar con este bonito proxecto.
En 4º de Educación Infantil coñecemos as ferramentas dun pintor e familiarizámonos co seu uso, para iso traballamos coa paleta e co pincel creando obras de arte.
Ademais experimentamos outras técnicas de arte, pois pintamos con rolos de papel hixiénico facendo un montón de círculos, ao mesmo tempo que repasábamos a forma xeométrica.
Tamén experimentamos botando pintura de diferentes cores nunha botella e movéndoa para que fose pintando. Segundo os seus movementos, poidemos ver que as cores que saíron non eran as mesmas que nos botamos antes.
Para familiarizarnos un pouquiño co museo a visitar, traballamos o mapa da cidade para ver que posibles camiños había dende o noso colexio ata o museo, e marcámolos de diferentes cores.
En 5º de Educación Infantil traballamos dende o inicio da primavera no noso proxecto flores con moita arte. Nel coñecemos distintos artístas e distintas técnicas que recollemos neste enlace https://colegio-cid.blogspot.com/2019/06/flores-con-moita-arte.html
A continuación vai un pequeno resumo do que fixemos.
En 6º de Educación Infantil comezamos coas esculturas ,mellorando así ,o desarrollo expresivo dos máis pequenos ,á vez que potenciamos a psicomotricidade fina e nos divertimos.Como aprendimos que as esculturas é unha arte de modelaxe que emprega distintos materiais (barro, madeira...) nós desta vez decidimos empregar a plastilina. Quedaron unhas esculturas abraiantes.
Despois chegou o momento dos cadros do alumnado onde plasmaron as súas obras de arte. Fixemos o noso recuncho con cadros de todas as temáticas. Éstes peques estanse convertindo en verdadeiros artistas.
Para rematar observamos moitas obras famosas en distintos museos, na pantalla dixital, e decantámosnos polo artista Vicent Van Gogh . Pintamos o seu cadro máis famoso : Los girasoles. Sumerxímosnos na cor e forza deste artista impresionista. Durante os meses de xuño e agosto os xirasois comezan a florecer e como non,na nosa clase tamén. Aquí vos amosamos o noso campo cheíño destas marabillosas flores.
E por fin visitamos o museo de Belas Artes da Coruña , onde poidemos ver diferentes obras, esculturas e por suposto as ferramentas que empregan para facer esas obras de arte. Os mais peques ata poidemos colorear unha obra de arte moi famosa, As mariscadoras, a cal poideron levar ás suas casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario