luns, 17 de xuño de 2019

CELEBRAMOS O DIA DO MEDIO AMBIENTE



O 5 de xuño, celebramos o día do medio ambiente. 


En 4º de Educación Infantil falamos sobre como nos está afectando o consumo de plásticos e que debemos facer  para que non contaminen. Por tanto, chegamos á conclusión que debemos reducir o cosumo de plásticos, reutilizar aqueles que se poidan e reciclar o máximo posible. Para tomar conciencia dalgúns usos de reutilización, decoramos as botellas de auga,  aproveitando que estabamos a traballar no proxecto de arte,  facendo un precioso macetero, , no cal plantamos unha faba e agora debemos de regar e coidar con moito amor e cariño para que poida crecer.
Para rematar, vimos como era o proceso de reciclaxe dos plásticos, pois non sabíamos como era e deixounos asombrados ao ver como rematan as botellas de plástico. 



























En 5º de Educación infantil falamos sobre que significaba o medio ambiente e que podíamos facer nós por el. Fixemos fincapé no mar en na terra e como estamos a estragalos coas nosas accións.

Coloreamos a nosa Terra, a cortamos e pegamos para facer un puzzle simbolizando o que temos que facer con noso planeta, arranxalo poñendo todo o que cortamos no seu sitio.



Como outro acto simbólico botamos pintura na Terra e cubrímola con plástico para extendela sen mancharnos. A nosa Terra estaba chea de plástico e, de tanto remexer, ronpeunos. Con isto aprendimos que, aínda que no queramos, facemos dano á Terra coas nosas accións e esta, particularmente, foi usar o plástico sen coidado.




  
   Na clase de 5 anos estivemos traballando cas cores dos contedores do lixo , primeiro fixemos unha chuvia de ideas sobre todas as cousas que se poden reciclar e despois  observamos no que se poden covertir , foi unha sorpresa para os peques ver todo o que  se pode reutilizar. Mans a obra decidimos que o noso planeta tiña que estar moi limpo, e como dende o primeiro día do cole estamos reciclando as botellas da auga finalizamos tirándoas no contedor amarelo ( en A Coruña). Despois fixemos algunha actividade para que quedase adquirido en que contedor tiramos o lixo .





  Rematada a primeira proposta cada neno fixo o seu  propio planeta.Quedaron xenial e disfrutaron moito mesturando as cores.



  Tamén cantamos e bailamos coa canción : Los guardianes del medio ambiente.





  Para finalizar realizamos un mural estampando as nosas máns nunha gran árbore  que todos debemos coidar!!! pois como din os máis cativos: NAS NOSAS MANS ESTÁ COIDAR O PLANETA.









Non vos esquezades: reciclade para dar vida ó planeta!!!Reflexionemos

Ningún comentario:

Publicar un comentario