martes, 25 de xuño de 2019

A recollida da nosa hortiña

 O proxecto de traballo na nosa horta chegou ao seu fin. Ao longo do curso, moitos dos alumnos e alumnas do colexio pasaron a axudar co traballo da horta e aprenderon moito sobre o oficio tradicional da agricultura.





 Con boa disposición, a colaboración entre o alumnado foi total. Todos participaron nas distintas tarefas de rego das diferentes hortalizas, remover a terra, prantar as sementes xerminadas, limpar a horta de malas herbas e coidar dos cultivos con  moito agarimo.





Foron pasando os meses, e os nosos alumnos e alumnas déronse conta do duro traballo que se fai nas  aldeas, e os esforzos que se necesitan para ter unha horta limpa e ben coidada. Grazas a este proxecto, agora valóranse máis as familias que teñen avós e avoas que traballan o campo durante todo o ano, e que levan unha vida dedicada a este oficio.







Tras o paso de varios meses, chegou a hora de recoller a nosa colleita. Ao longo do presente curso, fomos vendo como crecían e cambiaban os repolos, nabizas, verzas, brócolis, allos e cebolas. 












Durante a recollida, a parte do noso alumnado facíaselle a boca auga, ulindo o resultado do cultivo de todo o ano e disfrutando do que a nosa hortiña regalounos.




Un oficio tradicional foi levado á práctica durante este curso. Unha moi boa experiencia que os nosos alumnos e alumnas non olvidarán, na que tiveron unha aprendizaxe moi divertida e enriquecedora para todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario