Coa chegada da primavera comezamos un novo reto chamado "Flores con moita arte" no que nos convertemos nuns auténticos artistas e decoramos a clase coas nosas obras de arte.
E como non hai artista que se precie sen unha boa paleta de pintura, ahí que nos fomos a facer a nosa propia paleta.
Xa coa nosa paleta feita demos a benvida á primavera adornando a nosa clase cun montón de flores!
Pouco a pouco fomos coñecendo a distintos artistas como Archimboldo, que nos ensinou que podemos facer retratos con flores,
e con froitas e verduras.
Tamén coñecemos a Monet co seu campo de amapolas e gracias a el puidemos pintar con pincel e pintura de dedos.
Tamén descubrimos a Mondrian e as súas obras, e nos inspiramos na súa técnica para facer o noso cadro. Primeiro pegando xornais vellos,
e logo facendo os cadros con trozos de cartón e finalmente coloreándoos coas cores que máis lle gustaban a Mondrian, o vermello, o azul e o amarelo.
Despois experimentamos un poco coa simetría.
Primeiro pintamos a metade dunha cartulina e ao dobrala estampouse sobre a outra metade formando un debuxo simétrico.
E logo fomos terminando a metade doutros debuxos.
Seguindo coa simetría coñecemos a Matisse e as súas flores.
E por que non rematar a nosa obra cuns toques coa base dunha botella mollada en pintura...
Como xa estamos experimentando con diferentes materiais agora collemos unhas esponxas e imos rematar o " Xarrón con flores" de Gauguin con distintas cores.
Por útimo fixemos unha paisaxe con rodillos para o xardín e o ceo, e con garfos para as herbas.
Fixémoslle flores con tubos de papel hixiénico.
Rematámola co pincel.
E colóusenos un paxariño feito con medio disco de algodón.
E ata aquí chegamos! Ata o próximo reto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario