xoves, 27 de xuño de 2019

Deportistas en acción

Durante o presente curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º aprenderon e desfrutaron moito nas clases de Educación Física. O curso comezou con xogos de presentación e cooperativos, para que ambos cursos se coñeceran e o alumnado novo se integrara rapidamente.

Foron moitas as actividades e os xogos que fixeron durante o curso cos que melloraron a condición física, a coordinación, habilidades básicas, específicas, equilibrio, percepción espacial e temporal, e aprenderon a relacionar a actividade física coa saúde e como un medio para divertirse no tempo de lecer.

Tras a práctica do deporte individual de varias modalidades de atletismo, chegou o turno dos deportes colectivos. O primeiro co que comezaron a traballar foi o baloncesto e súas as habilidades. Primeiro a través de circuitos e actividades relacionadas con pases, botes, lanzamentos e pequenas situacións de xogos.






Tras unha aprendizaxe das diferentes habilidades necesarias para as situacións de xogo, comezaron os partidos nos que aplicaron todo o aprendido nas sesións anteriores.




A mellora de parte do alumnado foi moi alta durantes as clases, chegando a meter moi boas canastras, e quen sabe se despertando unha nova afección. Haberá un futuro xogador ou xogadora profesional do baloncesto dentro do noso colexio?




Outro dos deportes colectivos que xogamos durante o curso foi o deporte mais popular do noso entorno, o fútbol. Co traballo deste deporte, melloramos específicamente a coordinación óculo pédica, e promovemos a integración da parte do alumnado que non estaba acostumada a practicar este deporte. 




Despois dunhas sesións para coller coordinación coas conduccións, diferentes tipos de pase e golpeos, e varias situacións xogadas para que logo trasladasen ao xogo, chegaron o turno de amosar todo o aprendido nos partidos.



Cabe destacar a mellora que tiveron algúns alumnos e alumnas que non practicaran o fútbol con anterioridade. Tras o esforzo diario e o interese por mellorar, terminaron sendo un exemplo para o resto, xogando a un bo nivel, cunha participación moi alta e divertíndose cos partidos, noraboa!


Ningún comentario:

Publicar un comentario