xoves, 7 de xuño de 2012

USOSMÚLTIPLES


Como xa sabedes cada ano colaboramos, co Equipo de Dinamización e Normalización Língüística, no programa para coñecer e difundir a literatura e a lingua galega.
Dentro deste programa xa traballamos "a nosa fauna e  flora" e agora estamos a aproveitar dito programa para saber máis do noso entorno.


Cada ano centrámonos sobre unha das personaxes que lle dan nome ás rúas que temos preto do noso Centro.

En cursos pasados tocoulle ó poeta Francisco Añón, a Galo Salinas, nome da nosa rúa, e este ano traballamos co astrónomo Ramón Mª Aller.

É por eso polo que este curso unhas das saídas cuturais que fixemos foi á Casa das Ciencias e Planetario.




 Pero estes non son os únicos traballos que están expostos na sala de usosmúltiplos. Podedes ver tamén os traballos do día das Letras Galgas, este ano adicado á Valentín Paz Andrade,



os traballos que realizaron os alumnos/as da extraescolar de Artes Plásticas,




un mural feito polos alumnos/as de 4º de Edución Primaria, no día mundial do Medio Ambiente,...





Ningún comentario:

Publicar un comentario