O mes de novembro tivemos de aniversario a Julio que cumpriu 3 aniños, puxemoslle unha coroa e despois cantámoslle para celebralo, sopramos a vela, comimos tarta de chocolate, tivemos bigotes de chocolate do rica que estaba a tarta...en resumen, pasámolo xenial.
O mesmo lle sucedeu a Martín que cumpriu 4 aniños e os seus compañeiros desfrutaron a tarta e botaron unhas risas coa canción. Podedes observalo nestas fotos.
O mes de novembro foi moi fructífero xa que Emily e Ismael de 6º de infantil cumpriron 5 anos e Yael e Maykel de 1º de primaria cumpriron 6. Todos eles coas súas coroas e as súas celebracións sentíronse moi especiais neste día tan importante para todos eles.
E o rei de decembro foi Ismael de primeiro.
PARABÉNS PARA TODOS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario