A CARTEIRA EN 5 ANOS
Nesta noite tan máxica para nenos e maiores xoga un papel moi importante a carta. Nela os nenos e nenas de 6° de Educación Infantil escribiron as súas ilusións e esperanzas e de seguro que aos pequerrechos do cole se lle conceden todas, pois traballaron moito no mini proxecto da carteira (apoiando sempre a figura feminina no aula) con alegría e moita enerxía!!!
Despois de xogar a ser carteiros e carteiras elaboramos a nosa postal con sorpresa para mamá e papá.
Seguimos observando, manipulando, pegando e repasando as formas xeométricas dos selos e sobres no medio de moitas risas e tertulias.
Das fichas motivadoras a que máis gustou foi o debuxo libre das nosas carteiras e a decoración do buzón.
E por fin chegou o día!!! Saímos ao buzón máis cercano a levar as nosas cartiñas que con tanto agarimo realizamos e tamén visitar ás carteiras.
Finalizamos coñecendo o oficio da carteira: en que consiste o seu traballo, a vestimenta, como se despraza e identificamos elementos no entorno relacionados coa profesión como o buzón e a oficina de Correos. Que ben o pasamos! Grazas por axudar a que os Reis Magos nos enchan de sorpresas este día.
MANUALIDADES DE NADAL
Durante os últimos días do primeiro trimestre desfrutamos lendo contos navideños, cantando panxoliñas , xogando co nacemento de Xesús, e sobre todo manipulando coas mans que tanto nos gusta. Aquí vos quedan algunhas mostras dos anxiños para a neveira. Éstes pitufos son uns verdadeiros artistas!
Os adornos para a árbore de Nadal. Que bonitas quedaron as galletas de xenxibre e os bastóns!!
Foi moi divertido decorar o gorro de Papa Noel con gomets e poñerlle unha gran barba branca e suaaaaave.
FELIZ NOITE DE REIS FAMILIAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario