Coa chegada do inverno, xa podíamos sentir o frío así que, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil, a través do conto Ovelliña dame la traballamos as prendas de abrigo para esta estación tan fría e as partes do corpo onde se vestían.
Todos os días lle preguntábamos á nosa ovelliña:
- Ovelliña, ovelliña dasme a túa la?
- Para que queres a miña la?
- Para facer un....xersei, gorro, bufanda, manoplas, medias, abrigo...cada día unha prenda ata estar ben abrigados.
Ao mesmo tempo que traballabamos as prendas de abrigo e as partes do corpo coa ovelliña, tamén afianzabamos outros contidos, como o concepto número-cantidade, arriba-abaixo, dentro-fóra, grande-pequeno, igual-diferente, largo-curto...Cosimos, traballamos a motricidade fina dándolle de comer á ovella e recoñecemos as vogáis de forma visual e auditiva.
Ademáis tamén xogamos coa pizarra dixital para facer puzzles, xogos de memoria, escribir palabras e reforzar todo o traballado, cada vez que faciamos algo, escoitabamos á nosa ovelliña: beeeee
E para rematar fixemos o noso mural para poder compartir con todos os compañeiros e compañeiras do cole.
Seguimos aprendendo un montón de cousiñas ao mesmo tempo que nos divertimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario