mércores, 16 de xaneiro de 2019

XOGANDO COAS LETRAS

Durante o primeiro trimestre deste curso, os nenos e nenas de primeiro estiveron aprendendo ou repasando as letras do abecedario. E que mellor modo de repasar estes contidos que xogando con elas. Aquí podedes ver algúns dos xogos do primeiro trimestre que complementaron a aprendizaxe das fichas dun xeito moi motivador: o dominó,os tapóns das sílabas, o memory das inversas e letras para formar as palabras que quixeran ou completar láminas de diferentes temáticas.








Ademais tamén estivemos xogando na pizarra ao xogo do aforcado. Deixamos este enlace para que podades xogar na casa e continuar practicando mentres pasades un ratiño divertido. 

Pinchade aquí: Xogo do aforcado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario