martes, 18 de decembro de 2018

O noso nome

Os nenos e nenas da clase de 4º de E.Infantil estanse achegando ao texto escrito a través do nome,  xa que é un texto significativo para eles e ten unha gran carga afectiva.
Fixemos diversas actividades nas cales podían manipular, experimentar, sentir, comparar e por suposto desfrutar aprendendo. 

Dende o comezo do curso pasábamos lista, onde cada nome estaba escrito nun fondo de cor para facilitarlles o recoñecemento tanto do seu nome como dos compañeiros e posteriormente pasamos a ter os nomes nun fondo branco, a dificultade aumentaba pero a diversión tamén.....


A nosa caixa máxica

Comezamos recoñecendo a nosa inicial e facendo maxia cos nosos dedos, escribiamos a nosa letra,  moviamos a caixiña e xa non estaba...ohhhh pero si eran capaces de facer maxia !!Ademais algúns , os máis lambóns , tamén aproveitaban a probar o azucre e en canto se deron conta do rico que estaba a actividade xa empezaba a variar e a traballar o gusto tamén.




A máquina dos nomes

Todos os días tiñamos que estar moi atentos porque na nosa pizarra podía aparecer a nosa foto en calquera momento...e que pasa se aparecía a nosa foto? Tiñamos que levantarnos, ir á pizarra, buscar o noso nome, elexir a cor do rotulador,  intentar escribir o nome, ler e despois borrar. Que alegría cando aparecía o noso nome...



Posteriormente realizamos un montón de actividades para recoñecer o noso nome, o dos compañeiros, levar cada nome coa súa foto, recoñecer cal era a primeira letra que tiñamos, que letras coñecíamos nos nomes, como soaban e para iso deixámosvos unhas fotos para que poidades percibir que ben o pasamos e canto estamos aprendendo...








Creo que non cabe dúbida de como nos puxemos con esas galletas en forma de letra, coas cales podiamos poñer o noso nome. Para os mais larpeiros foi dificil controlarse, ata lles costaba concentrarse con tantas ganas de levalas á boca e como non, algún pasouno en grande comendo as letras, pero o nome de galletas non o chegamos a ver...



Ningún comentario:

Publicar un comentario