Para a celebración do día de todos os Santos, no colexio fixemos actividades nas aulas para achegarnos á forma na que en Galicia se celebra, segundo a tradición celta, o final da tempada de colleitas, unha tempada que ten máis de tres mil anos de antigüidade.
As actividades de Samaín axudaron a traballar a lectura, a escritura, a psicomotricidade e tamén a cooperación e traballar en grupo para mellorar as relacións sociais.
Aquí vos deixamos unhas fotiños para que poidades desfrutar:
Por outra banda o día 8 de novembro celebramos o MAGOSTO, festa na que celebramos o fin da colleita da castaña e degustamos un dos froitos máis representativos do mundo rural galego .
O castañeiro preparounos unhas saborosísimas castañas asadas para facernos pasar unha mañá alegre e divertida, desfrutando un dos productos que os bosques galegos nos dá. Para poder degustalas mantendo os espazos limpos e compartindo momentos de familia cada alumno elabora o seu portacastañas na casa con materiais de refugallo.
Con eles en cada aula fixéronse votacións e aquí temos unhas fotos dos gañadores e tamén dese día de festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario