mércores, 30 de novembro de 2022

25N 2022

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, é unha data para denunciar a violencia que exercen os homes contra as mulleres en todo o mundo.

Esta data conmemora o violento asasinato das irmás Mirabal. Vivían na República Dominicana e loitaron contra a violencia de xénero e o réxime ditatorial e machista do seu país. Despois de ser detidas e encarceradas en varias ocasións, foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.

Dende o Colexio Cid non queremos esquecernos das irmás Mirabal e de moitas outras persoas que se implicaron e se están a implicar en causas xustas. Traballamos co noso alumnado, nenas e nenos, os valores de respecto e igualdade e o desexo de poñer fin á violencia contra mulleres e nenas. 

Realizamos diferentes actividades: vimos vídeos, lemos contos, investigamos, debatemos, coloreamos, recortamos, … Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados.


EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA





















AULA DE APOIO (PT)



A violencia contra a muller é un obstáculo para acadar igualdade, desenvolvemento, paz e respecto dos dereitos humanos.


NON AOS MALOS TRATOS! 









Ningún comentario:

Publicar un comentario