martes, 12 de maio de 2020

Educación Infantil: Cociña en familia

Ola familias! Esta semana é moi especial xa que o próximo venres 15 é o Día da familia.
Para conmemorar esta semana propoñémosvos cociñar xuntos en familia. Cociñando xuntos, sen darnos conta, practicaremos a lectura e incluso principios matemáticos á hora de enfrentarnos ás distintas recetas, controlando cantidades e medidas, seguindo así unha serie de pautas para elaborar riquísimas receitas. Aprenderemos dunha forma divertida en familia a organizarnos implicándonos na actividade sen olvidar que, manipulando diferentes ingredientes, desenvolveremos a nosa motricidade e coordinación, tamén moi importante no desenvolvemento.

Tamén coas cousas que temos en casa podemos facer música! 
Imos ver agora a suxerencia de composición da mestra Cris.

https://drive.google.com/open?id=1gNPscSgfZy5yVTsXBU-vXehKzC3I01lA


E lembrades estas receitas en inglés? 
Unhas eran yummy e outras... yucky! 

https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk

Apetecevos o baile da froita?
Empezamos cunha adiviña e despois bailamos coa nosa familia!

https://www.youtube.com/watch?v=FPZhCp5pOFE



ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe esta semana do día da familia imos recordar que o desenvolvemento da linguaxe dos máis pequenos e das máis pequenas. Moitas veces, as familias dispoñemos de pouco tempo diario que adicar á conversa entre os membros da familia, así que esta é unha moi boa oportunidade.

Aproveitando as actividades que vos deixan as vosas titoras, imos estimular a fala con preguntas directas, simples e axustadas ao seu nivel de comprensión, que non teñan unha resposta de si/non, ben/mal, senón que sexan abertas a que o neno ou a nena nos teña que aportar máis información. Por exemplo, en lugar de preguntarlles “que tal o pasaches hoxe?” hai outras alternativas como “cal foi a actividade que máis che gustou das que fixemos hoxe?”, cal é a froita que máis che gustou?, a receita que fixemos hoxe é doce ou salgada?,... calquera outras que se vos ocorran.

Por outro lado propóñovos que fagades rimas, que consisten en buscar palabras que acaben igual. Entón cando esteamos facendo a receita, ou xogando con froita podemos pedir que nos diga unha rima. Por exemplo, que rima con fresa? pesa, qué rima con mazás? papás... e todo o que se vos ocorra. Recordade que a linguaxe infantil está influenciada polo estados emocionais, trataremos de facelo en ambiente tranquilo e relaxado e sempre desfrutando en familia!

Espero que vos guste familias!


4º Educación Infantil 
Non me cabe duda, das cociñeiras e cociñeiros que hai na clase de 4º de Educación Infantil, xa que foron moitas as horas que adicastes ao recanto da cociña durante este curso. Esta semana imos a traballar cunha receita, de larpeiras e larpeiros, para facer en familia... a tarta de mazá.
Pero antes de nada, debemos lembrar que cousiñas, tan importantes,  debemos preparar antes:



A receita da tarta de mazá, que se presenta no vídeo é con ovos pero para aqueles que presenten alerxia ou intolerancia ao ovo, deixamos unha receita de tarta de mazá sen ovo. Cada familia poder valorar a situación e escoller a que máis lle guste.





















Lectoescritura:

Adiviña de que ingrediente se trata cando escoites a miña voz e levao coa foto. Verás como vas descubrindo todos os ingredientes e incluso unha vez que xa os coñezas, que che parece se xogamos a decir por qué letra comeza, ou incluso se te atreves... a esciribir o nome de algúns.


                        Que necesitamos para a tarta de mazá?







Lóxicamatemática:

Vamos a escribir en tres folios,  o número 1, e con axuda de alguien repasamos ou copiamos nun folio o número 4 e noutro o número 5. Unha vez que temos cada número nun folio diferente, imos asociar a cantidade co número que nos indica a receita, é dicir, o vaso de azucre, de leite e de fariña co número 1, os ovos co número 4 e as mazás co número 5.  Unha vez asociado, imos ver se hai máis mazás ou ovos, ou se hai mais vasos de leite que mazás...






Arte na cociña: 

E xa que estamos na cociña, que vos parece se facemos unhas merendas divertidas en familia? Por outra banda, aquelas familias que se atopen con dificultades para que as súas ou os seus peques, coman froita igual podemos animar a situación e decorar as merendas dunha forma atractiva, aquí vos deixo un animaliño que lles gusta moito e aproveitando o momento recordamos por que letra comeza, repasamos as cores da froita empregada, o nome das froitas, a cantidade que se empregou...porque segue aprendendo dunha forma divertida. 




Sería un pracer, recibir fotos das vosas merendas divertidas e da tarta de mazá. 

5º Educación Infantil
Para este día tan especial imos facer unha receita moi fácil de brownie ao microondas. Fixádevos ben nos números das cantidades e tamén podedes pinchar nas culleradas para ter máis información dos ingredientes que imos empregar...

https://view.genial.ly/5eb7bf788c034e0d162d64ef/horizontal-infographic-review-receta




Lóxica matemática: Que números faltan?
Volve a receita e:
  • En pequenos papeliños escribe os números que ves en TODA  a presentación (hai algúns números por ahí bailando)
  • Ordénaos do 1 ao 8. 
  • Falta algún número? Cal é? Escríbeo nun papel.
  • Agora ordénaos esta vez de maior a menor sen olvidarte de ningún! Volve a facelo as veces que queiras!


Lectoescritura: Unha sopa de letras!

 Que mellor para seguir traballando en cociña que esta sopa de letras coas letras que xa coñecemos, neste caso, coa S e coa P.
Lemos as palabras e as buscamos entre todas as letras. Tede en conta que poden estar en horizontal ou en vertical. Moita sorte!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5708409-sopa_de_s_y_p.html


Actividade plástica: Arte con comida.

Coñecedes a Arcimboldo? Foi un artista que facía caras a partir de froitas, verduras, plantas. Eu xa fixen a miña con froita e frutos secos, vos animades a facelas vosas caras?  Podedes facela co que atopedes a imaxinación é libre! E acordádevos das orellas, esas grandes olvidadas!



Cada semana que pasa nos queda un pouquiño menos para volver a vernos.
Xa sabedes que nos encantan as fotos así que animádevos a mandar as fotos de todas as vosas creacións. 
Un forte abrazo familia!

6º Educación Infantil


  Que mellor forma  a de cociñar para aprender e desfrutar en familia! recordos que quedarán nos seus corazóns por sempre...

  Os peques poden axudarvos a preparar os ingredientes, dictar unha receita, gardar a compra, lavar froitas, aliñar ensaladas, e como non a elaborar miles de receitas. Entre tod@s estaredes a traballar moitas habilidades en familia. Aquí vos deixo unha mostra dunha macedonia e un xogo para facer xuntos.

Macedonia de froitas





 Lectoescritura: SOPA DE LETRAS INGREDIENTES
  Entre maiores e pequenos buscaredes na sopa de letras os ingredientes para a elaboración dun biscoito. Despois de buscalos deben escribir (dictándolle) os ingredientes que atopastes, una vez  escritos deben decirvos de cantas consonantes consta cada palabra . Para rematar será divertido elaborar o biscoito e comelo tod@s xunt@s!


                                                               SOPA DE LETRAS
 
                                                    



Lóxica matemática: MATES ENTRE FROITAS

  Algunha vez vos parastes a pensar en todas as veces que tedes que calcular, medir, estimar ou comparar cousas cando estamos entre fogóns? Animádevos e convertide a cociña nun laboratorio de xogos para divertirvos en familia.
  • Asociación de número - cantidade con arándanos. Podedes facelo con outras froitas e ir aumentando os números para practicar o conteo.



  •  Series. Neste caso fixen unha cobra con 2 rodaxas de fresa e 1 de plátano (dous - un). Para ir dificultando deberánse introducir máis froitas e así saborear un maior número de vitaminas.



  • Concepto de anterior, medio e posterior. Coa axuda das froitas poñeremos cal é o número que vai no medio do anterior e posterior, en vez de escribir o número farémolo con anaquiños de froitas.
                      
                                   
  Actividade plástica: CADROS CREATIVOS

  Faredes divertidos cadros con formas xeométricas con diferentes alimentos, despois de retratar a paparrrrr! espero algunhas fotos!!! éstas son as miñas!



                                                                      




E despois de traballar coas actividades elaboraredes a mellor receita de todas! necesitaredes: infinitas tazas de comprensión, 10 de paciencia, 7 de tenrura, 5 de amizade, 9 de amor e 8 de alegría... removede ben e a tomar con ilusión tres veces ó día!!!
Tal vez non o temos  ahora todo pero XUNT@S temos todo o que necesitamos! ÁNIMO!

E para rematar deixámosvos un vídeoconto que nos fala sobre os modelos de familias, esperemos que vos guste. 



UN MILLÓN DE BICOS FAMILIA!






GRAZAS POR FORMAR PARTE DE NÓS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario