martes, 19 de maio de 2020

Educación Infantil: As pitas baixo a choiva

Ola familias! 
O pasado domingo 17 de maio foi o día das letras galegas, adicado este ano ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Este ferrolán foi un gran impulsor da lingua galega e deu vida a distintas obras. As mestras de Infantil ímonos centrar no seu conto... 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA.


https://www.youtube.com/watch?v=lBvbDEcxbqU


As pitas estaban molladas porque empezou a chover... gustaríavos facer chover cando quixérades? Pois Cris, a profe de música, vai facer os vosos soños realidade amosándovos como se fai un pau de choiva! estade moi atentos ao vídeo.

https://drive.google.com/open?id=1j2v7NDQw5Sei_bfZsv3FTG6ZoDg5s_S-

Xogamos á pita cega? Na pita cega os xogadores forman un corro e dentro del sitúase un neno cos ollos tapados cun pano. Comezan a xirar mentres cantan a rima. Ao rematar a canción o xogador que é a pita cega pilla a un neno do corro e deberá identificalo tocándoo. Así o pillado convértese na pita e o xogo volve a comezar.
 Aprendémonos a canción e xogamos?
  Gallinita ciega
busca en el pajar.
—¿Qué se te ha perdido?
—Aguja y dedal.
—Da tres vueltecitas
y lo encontrarás.
Gallinita ciega
gira sin cesar.
¡Pobre gallinita,
se va a marear!


Cantamos outra canción en inglés? Esta vez vos deixamos esta canción de un pequeno pitiño, como se di pito en inglés? que letras ten? ímolo ver!
https://www.youtube.com/watch?v=rHf8tFaK59k


ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Dende estimulación da linguaxe, como non pode ser doutra maneira temos que practicar a nosa lingua, e que mellor maneira que  inventar o noso propio conto. Xa víchedes o conto de Ricardo Carvalho Calero das pitas baixo a choiva,  e agora é o voso turno. Déixovos unha imaxe, e a partir de ahí tedes que inventar un título, describir o que está a pasar e rematar cun final distinto. Podedes poñerlle nomes aos protagonistas, meter máis personaxes... o que queirades….usade a vosa imaxinación e sobre todo as vosas palabras!
Aquí tedes a imaxe… 


Como xa vimos en moitas ocasións, as pitas ou galiñas son animais que podemos atopar na granxa polo que tamén quero deixavos un vídeo ANIMALES DA GRANXA no que podedes practicar os sons dos amigos e amigas das galiñas, é moi divertido!


Por último déixovos unha manualidade que consiste na elaboración dunha galiña para poder practicar o soplo, ademáis de axudar a controlar a respiración, axuda a adestrar os músculos que participan na fala, especialmente os da meixela que son os que empregan para silbar, soplar... e tamén nos axudan a controlar a ansiedade e a emocionabilidade.

 MATERIAL: 

  • unha palliña
  • un vaso de cartón ou plástico 
  • un guante de látex
  • fixo
  • rotulador



ELABORACIÓN:

No vaso poñeremos un guante amoldado na parte aberta e fixaremolo con fixo. Nun lateral faremos un pequeno buraco no cal meteremos a palliña e o guante decorámolo como unha galiña e xa podemos soplar! A ver quen consegue inflalo de todo!
 Un biquiño moi moi grande, xa queda menos!




4º Educación Infantil 


Como estades familias? Sei que existen dificultades para conseguir que as peques e os peques realicen actividades, por iso a pesar da comunicación que imos tendo, recordarvos que é normal, que vos atopedes ante esta situación. Non vos agobiedes, se a peque ou o peque non está motivado, o resultado nunca vai a ser o esperado e nestes momentos temos que establecer prioridades, e o benestar emocional, é unha das nosas prioridades.  Recordade a importancia das tarefas que se vos proporcionaron ó principio do confinamento, como poden ser... vestirse, calzarse, cepillarse os dentes, peinarse, ducharse, poñer cremalleira, botóns, abrir e cerrar mochila... iso tamén é traballo e non menos importante que o resto. Que soamente queiran xogar, non é un problema, pois o xogo infantil é unha necesidade básica para o bo desenvolvemento da intelixencia e tamén para o equilibrio emocional. 

Esta semana,  propóñovos repasar conceptos xa traballados dunha forma lúdica, como o facemos habitualmente. 



Lectoescritura:
Imos a relacionar cada animal dos que aparece no conto co seu son, incluso podedes seguir xogando con outros animais coñecidos por eles para imitalos e así aproveitar para repasar sons do seu entorno.





E xa que a actividade dos sons era moi sinxela, pinchade nesta imaxe e escribe a palabra escrita, buscando con moita atención as letras para escribilas de forma ordeada. 



Lóxica matemática:

A nosa pitiña ten moita fame, e ímoslle a dar de comer. Eu propoño estar moi atentos e darlle o maior número de garavanzos mentres a nosa parella conta ata 5, se sabe contar ata un número superior a 5 tamén se pode modificar. 
Para esta actividade, necesitamos :
- 1 caixa de zapatos
- 1 folio
- pinturas
- garavanzos



E ademais tamén vos deixo un xogo moi divertido, tedes que pinchar na imaxe e atopar unha imaxe igual para facer parellas.




https://puzzel.org/es/memory/play?p=-M7bLRhsCFgq46W50P3N




Actividade plástica:

Apetécevos mancharvos un pouquiño coa pintura? e se non temos pintura que vos parece se facemos un pouco chocolate e pintamos a man de chocolate? Podemos facer unha pita coa man, e despois teríamos que poñerlle as patas e o pico, igual pode axudarnos alguén da casa. Podedes facer a vosa propia creación, podedes facer unha pita ou moitas pitas como tiña Ricardo.



E aquí vos deixo o galo do curro, que se consideraba o rei,  para que lle poidades dar cor dunha forma especial, ides a pintar cun pincel máxico moi parecido ao da nosa pizarra dixital da clase. Se vos animades, podedes pintar máis amiguiños da granxa. Tamén tedes opción de borrar tantas veces como queirades ou de imprimir e pintalo coas vosas pinturas. 



Espero que disfrutarades moito das actividades peques!!


5º Educación Infantil
 Ola familias! Que vos pareceu o conto? Antes de comezar imos facer un exercicio de atención... Temos que fixarnos ben no debuxo e logo, co que lembremos, responder catro preguntas... ahí vamos! Premede na imaxe!

https://view.genial.ly/5ebe15db8e243b0d5a32afea/game-as-pitas-baixo-a-choiva



Lectoescritura: Preme no dado dúas veces, unha para empezar e outra para parar. Según o número que che saia lé a letra que está ao lado e di os nomes das imaxes.
 Despois fíxate ben:
  • Hai algún pitiño nas imaxes?
  • Que din os pitiños?
  • Que números no dado nos teñen que sair para ler a voz do pitiño (pío)?

https://view.genial.ly/5ebe51b232a04c0d96b6f398/interactive-content-dados-letras
 

Lóxica matemática: Ovos en orden!
Con tanta choiva os ovos das galiñas desordenáronse... podes axudarllas a seguir o orden? Arrastra os ovos seguindo as series.

https://view.genial.ly/5ec28abbd31b220d0fab67ca/interactive-content-huevos

Podedes facer máis series con cousas que teñades por casa, veña, imos ordear!

Actividade plástica: Pitiño esponxoso no microondas.
Para iso imos necesitar os seguintes materiais:

  • 1 taza de fariña,
  • 2 culleradas de polvo de hornear,
  • 2 culleradas de sal,
  • Auga,
  • Colorantes alimentarios (opcional),
  • Mangas pasteleras desbotables ou bolsas de plástico pequenas.
  • Cartón groso ou papel de forno (non vale papel xa que se molla e rompe),
  • Microondas.
 Mezclamos os ingredientes secos e botamos auga pouco a pouco ata lograr unha consistencia como á da masa das tortitas. Añadimos o colorante ata obter o color desexado e xa so queda meter a masa, ou as masas se fixéchedes varios colores, nunha manga ou bolsa e a pintar sobre o noso cartón ou papel de forno!
Unha vez feito o debuxo métese máis ou menos 30 segundos no microondas ata que se vexa seca. Se utilizamos o papel de forno podemos despegalo con coidado e quedará unha figura que poderemos colgar.
 Déixovos un vídeo de como fixen o meu pitiño! 
https://drive.google.com/open?id=1oWeBKZL7A9eBp_lPBsFhSdb6Fc5hkUlH

E, rapaces e rapazas, sabedes que sempre nos gusta recibir fotos coas vosas creacións así que animaros a seguilo facendo! Botámosvos moito de menos!

6º Educación Infantil
Benqueridas familias, alá polo 1963 cando se cumprían 100 anos da publicación do libro de Rosalía (gran escritora galega), a Real Academia Galega decidíu marcar no calendario un día para festexar as nosas letras galegas, por iso cada 17 de maio celebramos que temos lingua e literatura propia, o galego!

Lectoescritura: Unha vez desfrutado este marabilloso e divertido conto de Carvalho Calero anímovos a facer a ficha interactiva compartida por unha mestra en liveworksheets, na cal deberedes ter moito ollo e ler amodiño para non confundirvos .


AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Pincha no título para acceder



Deste relato, que narra un feito anecdótico da infancia do autor, saíron varias preguntas para relacionar coa resposta correcta. Ánimo! A ver cantas acertades á primeira peques!



Lóxica matemática: OVEIRAS, coa axuda das oveiras para gardar os ovos vamos a poñer a traballar as pequenas mentes matemáticas. Dentro de cada oco poñeredes uns ovos recortados pol@s nen@s e numerados, despois coa axuda dunha culler transportaredes o número de fabas que nos indique o ovo.




OVO MATEMÁTICO, debuxaredes nun gran cartón un ovo xigante con varios números no seu interior, logo tiraredes os dous dados e deberedes sumar os resultados que saíron o azar, unha vez sumados atoparedes a solución no ovo rodeando cun lápis ou repasando co dedo.








Actividade plástica: PITAS, ésta  semana propóñovos un reto relacionado co conto: CREA A TÚA PROPIA PITA! como sodes  unhas e uns grandes artistas deberedes elaborar unhas pitas. Faremos un collage coas vosas obras de arte que mandedes ao correo do cole ou tamén por tokApp. Eu deixo algunha idea, agora vos...a imaxinar!!!









Non esquezades nunca que as nosas letras merecen ser festexadas por todo o alto e sempre! tamén deben ser faladas @s máis cativ@s, pois son froito da nosa cultura.

FELIZ SEMANA FAMILIAS, SEGUIDES A SER UNS CAMPIÓS E UNHAS CAMPIOAS!







Ningún comentario:

Publicar un comentario