Vivan las uñas de colores é o conto que as mestras de Educación Infantil decidimos contar para traballar co noso alumnado a conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar. Intentamos en todo momento crear un clima de respecto, onde todas e todos poidan expresar libremente as súas ideas, gustos... e tamén poñerse na pel das compañeiras e compañeiros cada vez que existe un conflicto, pois a empatía é moi importante. Falando de empatía, consideramos que este conto é moi axeitado pois está baseado nunha historia real, que unha familia difundiu a través das redes sociais tras vivir esta situación co seu fillo de 5 anos. Por iso queremos poñer o noso gran de area para recordar que todas e todos debemos ter a liberdade para decidir que cousas nos gustan e cales non nos gustan, independentemente de que sexas nena ou neno.
Esperemos que desfrutedes do conto e pensedes en Juan, para que ninguén se teña que chegar a sentir como el.
Agora imos abrir ben as nosas orellas para identificar, con este xogo de memory, os sons das nosas emocións cos monstruos do monstruo de cores.
Para seguir coas emocións esta semana vamos a ir vendo como nos sentimos. Para isto só temos que debuxar e colorear a cariña coa que nos sentimos máis identificados e metela nun frasco. Podemos coloreala da cor que máis nos apetezca. Ao final da semana abrimos o frasco e recordaremos como nos foi nos días anteriores.
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Dende estimulación da linguaxe quero propoñervos unha actividade de soplo relacionado co libro de VIVAN AS UÑAS DE CORES, recordade que non hay cousas de nenos e cousas de nenas, só hay cousas que nos gustan e que non nos gustan e as familias decirvos que nestas decisións estamos involucrados a escola, a familia e os amigos.
Pinchade aquí abaixo no enlace e veredes como levar a cabo a tarefa!!
Lembrade que podedes mandarnos fotos, vídeos realizandoas e así podemos ver qué ben o facedes!
4º Educación Infantil
Despois de escoitar o conto, imos a traballar co que mais lle gustaba a Juan... pintarse as uñas, pero esta vez ímolo a facer dunha forma diferente.
Lectoescritura:
Nesta actividade, imos a pintar uñas e a decoralas coas vogais. Despois escribiremos as letras segundo a cor que nos indica cada uña, pincha no título e presta moita atención.
Lóxicamatemática:
Agora, contaremos cantas uñas hai pintadas e relacionarémolo co número. Como facemos moitas veces , asociamos o número coa cantidade que representa.
Actividade plástica:
Para realizar esta actividade vamos a necesitar a axuda dun adulto e ademáis:
- 1 caixa de cartón
- pinturas
- folio
- tesoiras
- pegamento ou fixo
Agora, preme no título e veremos como podemos montar esta man con uñas xigantes para xogar.
Con esta actividade, repasamos o círculo, as cores, dentro, fora... sen esquecernos da coordinación óculo-manual e a capacidade de atención, entre outras cousas.
Espero que ademais, intentedes vestirvos sen axuda, calzarvos, ducharvos... e que participedes nas tarefas da casa, facendo a cama, axudando a facer o xantar... como boto de menos os almorzos que me facíades ao chegar ao cole...espero que sigades facendo o mesmo na casa!!

Quérovos moito
5º Educación Infantil
Veña, sigamos xogando todos e todas coas uñas e as cores!
Lectoescritura: Uñas silábicas
¿que vos parece si nos lemos as uñas? pois para facer estas uñas silábicas só necesitades papel, lapis, fixo e pinturas. Premede na imaxe e vos explico como o imos facer.
Lóxica matemática: Puzzle uñas.
Imos facer un puzzle! Premendo na imaxe podemos facer o puzzle da portada deste magnífico libro. Para facer mellor este puzzle empezade primeiro polas esquinas e despois ide agrupando os colores que son iguais. A ver que rápido o facedes!

Actividade plástica: disco de Newton.
Seguimos usando as cores que lle gustan tanto a Juan para, esta vez facer este disco de Newton. Para facelo necesitamos:
Un folio, un cd vello ou un cartón redondo, pegamento, tesoiras, un lápis e cores.

- Debuxamos un círculo e o dividimos en seis partes máis ou menos iguais.
- Pintamos cada parte de vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e lila.
- Recortamos o círculo.
- Debuxamos o círculo igual no cartón e o recortamos (ou o pegamos no CD). Pegamos o círculo de papel pintado.
- Metemos o lápis no medio e facémolo xirar coma unha peonza.
6º Educación Infantil
Ola familias! espero que vos gustase moito o conto e que reflexionedes cos peques da casa desta mensaxe: as nenas e nenos teñen a libertade de elixir as actividades que prefiran, independentemente do seu xénero. Quen mellor que vós como familia para inculcar dende ben pequerrech@s ésta mensaxe que tanta falta nos fai... Recordade o fermoso que é xogar sen plantexamentos, sen ter que encaixar en ningún rol.
Anímovos agora a realizar as actividades propostas para ésta semana, ánimo!
Lectoescritura: RULETA
Deberedes estar moi atent@s ás preguntas da ruleta.Están relacionadas co conto...antes de empezar podedes velo una vez máis para conseguír acertar o maior número de preguntas posibles. A xogaaaaaar!!!
Seguiremos practicando un pouquiño as sumas que tanto vos gustan. Necesitaremos uns guantes (aos cales lles podemos pintar as uñas como Juan) recheos de fariña ou arroz. Resultarán moi doadas e divertidas a realización de sumas aportándonos apoio para as operacións básicas.
Tamén podemos xogar con garbanzos (que podemos teñir con colorante alimentario ou con rotuladores) para chegar a abstracción matemática, cómo chegar a esa abstracción as súas cabezas? coa EXPERIMENTACIÓN; e de que mellor maneira que con cousas que temos pola casa, así que moito ensaio, moito erro e sen présas a contar e a xuntar!
Actividade plástica: TRES EN RAIA
Nesta actividade vamos a elaborar un tres en raia para xogar en familia e de paso traballar a concentración e a atención. Utilizaremos como base un taboleiro en rectángulo ou circular coa axuda dos peques. Despois buscarán seis tapas iguais ás cales pintarán con pintauñas como facía Juan (tres e tres de igual cor). Deixaremos desarrollar a creatividade e a creación d@s nen@s ... por exemplo:

A practicar o razoamento perceptivo divertíndonos moito!
Unha semana máis estades a facelo moi ben familia! sodes un gran exemplo a seguir nestes días tan difíciles para tod@s! por iso as mestras que traballamos na etapa de Educación Infantil mandámosvos moito ánimo e o noso aplauso segue a ser para vós!
PARA UN DÍA GRIS NON OLVIDEDES PARAUGAS DE CORES
Ningún comentario:
Publicar un comentario