martes, 26 de maio de 2020

Educación infantil: Ponte no meu lugar


Ponte no meu lugar 

Esta semana imos a traballar con este conto de Susana Isern que a través del, podemos aproveitar para reforzar algúns dos valores nos que facemos moito fincapé no noso centro, a empatía. 
Neste conto, Grilo pasea polo campo e vaise atopando con diferentes animais, e cada un ten un problema diferente, pero como a Grilo non lle afectan, pois non lle parece importante e non lles fai caso. Ao chegar a noite cando Grilo quere dar o seu concerto, dase conta que as cordas do seu violín están rotas, agora ten un problema, pero grazas aos seus amigos que lle axudan, Grilo pode dar o concerto. 
Esa noite, Grilo, levou unha gran lección, pois todas e todos debemos respectar e comprender as diferentes emocións e situacións que están vivindo os demais, aínda que non sexan as nosas nese momento. 

Saber e sentir que os demais te escoitan e te entenden fai que nos sintamos seguros, e iso é o que pretendemos para o noso alumnado.  

 Preme na imaxe para ver o conto.
https://drive.google.com/open?id=1PZTZ5toXzSXLTwauYxgrYSN1IQXcWEmg

Movemos un pouquiño o noso esqueleto co baile do Hokey Pokey?
Imos !!

https://www.youtube.com/watch?v=tN3CFyuyelw


E cantamos tamén un pouquiño en inglés...

https://www.youtube.com/watch?v=oybEMWW23uU

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe unha semana máis a mestra anímavos a facer algún sons dos insectos que atopamos no conto.  
Cales eran? o grilo, a xoaniña, a araña...
Lembrade que é moi importante reflexionar sobre os sons, xa que de sons está formada a nosa fala. Se conseguimos pensar, distinguir e seleccionar sons, adquirimos grandes cualidades sonoras e comezaremos a vocalizar e pronunciar correctamente as palabras.
Espero que esteades ben e que vos divirtades moito coas nosas actividades!




4º Educación Infantil

Aproveitando o conto desta semana, gustaríame que reflexionarades en familia sobre a actitude de Grilo. Se as peques e os peques crecen  respirando comprensión, respecto, cariño, empatía... aplicarano no seu día a día ao igual que os amigos de Grilo. 

- Quen é quen? 


Quen non xogou algunha vez a este xogo tan divertido? Aproveitando as personaxes do conto Ponte en mi lugar, imos a xogar a adiviñar de que animal se trata, para iso debemos dar pistas pero non podemos decir o nome do animal. 





Este xogo aporta moitos beneficios, xa que favorece o desenvolvemento de algunhas capacidades cognitivas como a atención, a memoria, a linguaxe ou a lóxica, ademais de ampliar o seu vocabulario. 

- O grilo dos nomes

E para repasar un pouquiño que vos parece se xogamos cos nomes dos compis da clase? É moi sinxelo, igual que se xogaramos á OCA pero cun Grilo saltarín, temos que tirar o dado, contar cantos puntios ten e movernos tantas casillas como puntiños teña a cara do dado que nos tocou, e como non, ler o nome que aparece na casilla. Se non nos lembramos, non pasa nada, seguro que algúen nos pode axudar.
 Podedes imprimir o taboleiro ou xogar movendo co dedo, coidado se che toca a casilla do grilo,  tes que saltar para o seguinte grilo.


- Os nosos nomes
Agora que xa xogastes cos nomes e os recordades mellor, podedes xogar a ordear as letras e ver que nome aparece. Se necesita axuda, igual podemos colocar a inicial no principio para así ir completando.



- Quebracabezas
E que vos parece se facemos un quebracabezas con algúns dos animais que aparecen no conto? 




- As xoaniñas

Lembrades que a xoaniña perdera un dos seus círculos? Imos a contar cantos círculos ten cada xoaniña e a marcar o número correspondente. Se vos apetece tamén os podedes escribir nun papel e comprobar despois. 








- Arte primaveral

Que alegría poder saír a dar un paseo e deixar voar a nosa imaxinación coas flores, follas, pedras, paos... mirade que fixen eu, aproveitei para repasar o esquema corporal, apetécevos facelo? ou facer outra obra de arte primaveral... 



Se nos enviades as vosas fotos e nos autorizades a publicalas no blog, faremos unha sorpresa con elas. 
Ánimo peques, estou segura que sairán preciosas obras de arte. 

Unha aperta!!


5º Educación Infantil

Ola familias! Gustouvos o conto? Despois de velo podedes preguntar aos vosos fillos e fillas algunha preguntas sobre o conto como que fixo mal grilo, que fixeron ben os demais insectos... é importante que os deixedes falar para ver que foi o que entenderon...

Lectoescritura e lóxica matemática: Agora imos aprender un pouco máis sobre algúns desdes animais xogando ao xogo que vos propoñemos a continuación. Tedes que pasar por todas as casillas... moita sorte!!!
Premede na imaxe para empezar a xogar.

https://view.genial.ly/5ec6934fad9c9e0d8e2050d3/interactive-content-tablero-bichos


Arte: Hoxe imos facer a Grilo... Só necesitamos... cartolinas verdes ou folios brancos pintados de verde clariño e verde oscuro, tesoiras, e pegamento.


Encolaremos o folio verde clariño e o pegaremos no tubo de papel hixiénico, despois metemos para dentro os bordes que nos haxan sobrado. No folio verde oscurofacemos o molde las seis patas, catro pequenas e dúas grandes que pegaremos a ambos lados. Tamén faremos dous círculos aproveitando a tapa do pegamento que serán os ollos e faremos outros máis pequenos en verde clariño para pegar no medio dos grandes. Se temos un rotulados ou lápis farémoslles uns puntiños negros no centro. Pegamos os ollos a ambos lados tamén e... e xa temos o noso GRILO!!!




6º Educación Infantil


Ola de novo familias! espero que vos gustase moito o conto que con tanto agarimo fixemos as mestras para tod@s vós. Debemos seguir traballando a empatía nos máis peques, así serán menos agresivos, máis comunicativos, capaces  de expresar mellor os seus sentimentos e medrarán fortalecendo a súa autoestima.
Ésta semana vamos a repasar coa axuda dos bichos e natureza. Ánimo!!!



LECTOESCRITURA E LÓXICA MATEMÁTICA

De forma entretida e con moito bicho polo medio repasaredes conceptos de lectoescritura e matemáticos para non esquecernos. A fedellar peques!!!

Pinchade no títulos e a desfrutar.



                                            BICHOS 


(Xogo educativo elaborado por Carmen Cardeñosa.)










ARTE



Faremos ARTE NATURAL, recollendo elementos naturais e construíndo creacións efímeras, clasificando, xuntando, restando, direccionalidade e traballando a motricidade fina de forma lúdica.
Aquí vos quedan uns exemplos.












CUBITOS DE XEO, xa sabemos como lles gusta xogar coa auga pero o raro é que fagan cubitos de xeo ,peeeero... saben cómo se fan? Ver e participar no proceso que converte a auga en xeo (paso previo a ver o proceso de licuación) é apaixoante para os peques.

De seguro que participar no estado da auga, gozar do experimento e seguir desenvolvendo moitas destrezas será xenial para facer nestes días. Espero os vosos cubitos de xeo! A imaxinarrrr!



                                      




"Observa profundamente a natureza e entenderás todo moito mellor". Albert Einstein.









Para rematar, quixeramos recordarvos, unha vez máis, que non esquezades a importancia da autonomía persoal e de facer partícipes as e os peques nas tarefas diarias da casa. Se queremos, por exemplo, que a peque ou peque emparelle os calcetíns e os doble, que os clasifique por tamaños, por cores... estanse a traballar conceptos matemáticos. Igual ás veces non nos decatamos da aprendizaxe que leva "oculta" unha tarefa como esta, e por outra banda, como aplica os seus coñecementos, en diferentes contextos da vida cotiá. 

Sabemos que a vosa preocupación existe porque hai interés, porque queredes o mellor para as vosas e os vosos peques, porque sodes familias implicadas na educación, por iso agora, unha vez máis pedimos confianza, xa que queremos seguir camiñando neste proceso da man. Moitas veces intentanse facer actividades, coa mellor intención, pero queremos facervos saber,  que existe a posibilidade de que se reflexe o efecto contrario,  perxudicando as e os peques, porque se collen malos hábitos, porque podemos confundilos, porque aínda non están preparados e necesitan madurar... por iso ,familias, pedímosvos tranquilidade,  porque todas e todos sabemos polo que estamos pasando e en ningún momento se vai esquecer esta situación, cando se retomen as clases presenciais. 


Unha aperta!!

As mestras de Educación Infantil

Ningún comentario:

Publicar un comentario