Onte publicouse no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020 tanto na sede electrónica como na secretaría do centro.
Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumplir os seguintes requisitos:
- ter devolto os libros de texto do curso actual recibidos do propio centro. Esta recollida farase na semana do 22 ao 26 de xuño.
- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou ben presencialmente no centro docente.
Normas básicas para o acceso ao centro:
-Acceso ao centro pola porta da rúa Galo Salinas, saída do centro pola porta de Rolda de Nelle.
-A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
-Manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).
-Horario: de 9:30 a 13:00.
-Horario: de 9:30 a 13:00.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
ANEXO I E ANEXO II
ORDE DO 12 MAIO DO 2020
PRAZOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario