sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio: Día internacional contra o acoso escolar


O 2 de maio conmemorase o Día Internacional contra o Acoso Escolar,  coa intención de dar visiblidade a esta situación tan problemática, como é o acoso escolar.

Pero para falar de acoso escolar, que mellor forma que comezar definindo que é.  Segundo os psicólogos, consiste nun maltrato psicolóxico, xa sexa verbal, físico ou social producido entre o alumnado e que se pode levar a cabo tanto dentro ou fóra das instalacións escolares e a través de internet e redes sociais, o cal se pode manter durante un tempo prolongado. 


Nelson Mandela dicía que  " a educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo" e é por iso que o equipo docente do Colexio Cid, traballa día tras día para crear un ambiente de respecto, de liberdade de expresións, de confianza, solidariedade, tolerancia, compañeirismo...Un dos principais piares, para nós, é intentar crear un ambiente familiar e seguro, no cal o alumnado poida expresar os seus sentimentos, as súas preocupacións, as súas experiencias, os seus gustos... independentemente da súa cor, da súa relixión, do seu sexo, da súa nacionalidade... camiñando todas e todos cara a inclusión. 


Este curso , tócanos facer visible esta data doutra forma, por iso vos deixamos un vídeo que o equipo docente elaborou para vós, a través dun conto que se titula Tres iguais de Marta Rivera Ferner, para que non vos esquezades nunca dos valores que traballamos día tras día. 



(Preme na imaxe)

E para seguir desfrutando, esta vez con música, deixamos as actuacións do día da paz:


(Preme na imaxe)

Canción: Qué Bonito de Soraya, intepretada polos/as alumnos/as de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria.


(Preme na imaxe)

Canción: No dudaría de Antonio Flores, intepretada polos/as alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario