No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado.
- O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
- Pódese realizar a tramitación online da solicitude, na aplicación admisión alumnado.
- A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio.
- Letras para empregar no proceso de desempate se é preciso:
1er Apelido: letra 1ª: T - letra 2ª: G
2º Apelido: letra 1ª: E – letra 2ª: X
- Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño.Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas ata o 26 de xuño.
- Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo.
Normas básicas para o acceso ao centro:
- Solicitude de CITA PREVIA no teléfono 981 255 244.
- Acceso ao centro pola porta da rúa Galo Salinas, saída do centro pola porta de Rolda de Nelle.
- A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
- Manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).
Importante: O centro abrirá a partir do luns 11, EXCLUSIVAMENTE para atender este proceso de admisión de alumnado e soamente para aquelas persoas que concertaran cita previa. Para o resto de procesos (recollida de materiais, axudas de libros, etc.) o centro segue PECHADO. Para calquera dúbida ou consulta poden continuar empregando o correo electrónico: cpr.cid@edu.xunta.es e o teléfono: 981 255 244.
Grazas a tod@s pola vosa comprensión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario