En ningún momento pretendemos saturar ás familias nin aos máis peques, pero si vos apetece e necesitades ideas para seguir pasando estes días, dende o equipo de mestras de Educación Infantil, seguimos pensando e buscando actividades, para axudarvos nesta gran labor que estades a facer. Recordade que non son obrigatorias, simplemente son suxerencias, pois entendemos e respectamos as diversas situacións que pode estar a vivir cada familia. Ao final tedes tamén actividades na mesma liña para a atención á diversidade.
Polo tanto, se vos apetece, con estas propostas estaredes a traballar:
Tamén podedes xogar a buscar vogáis e distintas consoantes no libro de lectura, panfletos, xornais,... de seguro que vos sorprenderedes de todo o que saben os nosos heroes.
 |
A sopa de letras, podemos facela así, podemos escribir cada palabra dunha cor para facilitar a búsqueda, podemos recortar palabras e pegalas encima de cada unha que vaiamos atopando...hai múltiples opcións, incluso podemos debuxar os animais atopados se nos animamos. |
- Busca distintas formas, círculos, cadrados, rectángulos, triángulos...
- Crea novas composicións con elas,
- Clasifica por tamaño e por cantidade,
- Construccións, tres en raia, quebracabezas e latas.
- Xogos con cartas, clasificar por cores, formas e números.
- Xogamos coa regleta numérica con tapóns ou materiais reciclados.
- Discriminamos por dirección e seriamos.
- Contamos obxectos que temos na casa e facemos un rexistro.
- O polvo que relaciona cantidades.
- Estimulación da linguaxe:
Deixámosvos unha proposta moi chula da profe de música para facer na casa, seguro que os divertides moito facéndoa!
- Xogamos con texturas e cores
Deixámosvos Aquí recetas divertidas para xogar con diferentes masas.
- Coloca cada forma no seu lugar.
E non nos podemos esquecer que estamos en primavera así que, que tal se facemos unhas bonitas flores? Podemos facelas con materiais de refugallo ou tamén con froitas... mmmmm!

De seguro que tamén vos animades a experimentar un pouquiño cos vosos peques, ¡será moi divertido! Aquí vos deixamos algún exemplo: un volcán con limón, ¿que pasa se conxelamos auga? ¿e se frotamos un globo a un pano de lá ou prenda da roupa?
- Un pouco de arte para representar o noso esquema corporal.
Non vos esquezades de mirar o blog da biblioteca! xa que todos os días haberá un conto narrado polo profesorado do cole. Vai feito con moito cariño para entreter un pouquiño do voso día a día. Esperamos que todo finalice rápido e podamos estar de novo xuntos. Mandamos moitííííííísimo ánimo e forza! xuntos vámolo a superar familias!
Durante o transcurso das nosas vidas atoparemos tormentas, pero tarde ou cedo, o Sol ,relumbrará máis que nunca.
E como sodes unhas auténticas campeonas e uns auténticos campeóns deixámosvos uns diploma por facelo tan ben estes días! Facede click para descargar!