Aproveitando o bo tempo destes días, o mércores baixamos con Tico ao parque das Pontes.
Alí os/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria léronlles, aos peques de infantil; poesías, adiviñas e cancións relacionadas co outono.
Tamén os/as alumnos/as de 6º de infantil recitaron unha fermosa poesía.
Para rematar a saída, os peques de infantil estiveron xogando e recollendo follas do outono para realizar máis actividades nas súas aulas.
E o xoves tocoulle o turno a 1º e 2º de primaria que demostraron os seus avances na lectura.
Para finalizar descubriron no parque cales eran as árbores de folla caduca e perenne e recolleron as súas follas marróns e amarelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario