venres, 2 de novembro de 2018

O Samaín na granxa de 5 anos

                                         Arañas con ollos de cores

   Un ano máis  chegaron os días máis terroríficos do ano. Unha festa de orixe celta e celebrada    especialmente nos países anglosaxóns. Todos estábamos desexando  que comezasen  as manualidades e historias de medo. Como non podían faltar nun ambiente de terror empezamos decorando as nosas ventás coas arañas de ollos de cores e luminiscentes o chegar a noite!!! Que medo!!!  Con esta actividade potenciamos a concentración e o desarrollo motriz tan importante nestes idades.





O crebacabezas

   Seguimos destapando a fantasía e a ilusión por decorar a típica cabaciña que tanto lles gusta. Despois cada neno e nena  armou o seu crebacabezas desenvolvendo habilidades da mente ( pensamento crítico, coordinación de ollos e máns ), ademáis resolver puzzles é moi divertiiiiiido!






Caveiras mexicanas

   Co seu colorido, medo e historia gustaron moito os pequenos do cole! Aprendemos que as caveiras  tamén teñen un pouco de dulce; un conto engaiolounos relatando que éstas caveiras proveñen das caveiras cheas de gominolas  que se facían  en Mexico para celebrar o Día dos Mortos.  Foi terroríficamente divertido!






Personalizando as cabazas" cacahuete ". A vaca pinta.

   Despois de xogar e traballar sobre mil historias de bruxas, zombis, arañas, cabazas de catro ollos, esqueletos...aínda lles quedou enerxía para decorar unha vaca!!! Como estamos aprendendo moito no proxecto das vacas non podían faltar na  granxa. Cada granxeiro fixo a súa e entre todos buscamos os nomes para o noso rabaño! Parabéns artistas!!!

A desfrutar destes días familias!





Ningún comentario:

Publicar un comentario