xoves, 1 de novembro de 2018

O CEMITERIO DOS CONTOS

Este ano pasamos o Samáin cun pouco de medo, maxia...pero sobre todo con moita ilusión e responsabilidade. Os contos necesitaban axuda,  xa que unha pantasma, lles quitou as imaxes, as frases e as páxinas, e os contos quedaron sen vida... pero para iso estábamos os nenos e nenas de Educación Infantil. Entre todos fixemos unha variña máxica, puxemos un gorro de bruxa e recitamos un conxuro para así devolverlles as páxinas coas imaxes e as letras aos contos,  ao mesmo tempo que falamos sobre as diferentes emocións que aparecían nos contos. Eles queren estar entre nós, e queren que os leamos.... A cada conto que se resucitaba, colocabamoslle unha cara leda ata intentar que todas a  tiveran e ...sabedes que?
                                                      
                                                        
  

            Conseguímolo!!!! 

Os contos cumpren unha importante función educativa ao mesmo tempo que inician aos nenos e nenas no pracer da lectura. Ademáis,  axúdalles a estimular a súa imaxinación,  por iso este Samaín deixamos voar a imaxinación o máis lonxe posible. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario