Dende a Consellería de Educación,
a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás
familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse
a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias” con dous
obxectivos básicos:
- Coñecer e dominar as técnicas
de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo
da Consellería.
- Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes
que afecten á saúde da Comunidade Educativa.
Para iso, e coa colaboración do
061, trataranse os seguintes contidos:
- Primeiros auxilios e atención a
urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
- Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.
As datas concretas serán, 26-27-28 de novembro, en tres sesións de tres horas
cada unha (de 17:30 a 20:30). O lugar de celebración será nas instalacións do
CFR de A Coruña.
As persoas que estean
interesadas, teñen que enviar un correo no
que indiquen o seu nome e apelidos, e datos de contacto (teléfono, correo electrónico)
así como o nome do centro a: cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes
do vindeiro 19 de novembro. A inscrición no curso será por orde de chegada ata
cubrir o número de prazas (30).
Ningún comentario:
Publicar un comentario