venres, 3 de abril de 2020

Xogos e retos de Educación Física. Atréveste?


Ante esta nova ampliación de tempo na casa que temos que permanecer para que todo volva a normalidade, non podemos quedarnos quedos sen facer nada, polo que aquí tedes xogos e retos para facer durante estes días. Varios deles pódense facer en familia, así que animade  a participar aos que vos acompañan nestes días!


Imos facer unos xogos e retos de equilibrio!



A ver se es capaz de:
- Comezando de pé, senta no chan cun rolo de papel na cabeza e levántate sen apoiar as mans e sen que caiga o papel.
- Agora máis difícil, mesmo exercicio pero ademais intenta xirar unha volta completa cando estés de pé e logo séntate.

- Comezando de pé e cunha culler na boca suxeitando unha pelota pequena, ou canica ou algo que se lle asemelle, levanta e volve sentar sen que caiga.

- Agora máis difícil, fai o mesmo pero da unha volta completa cando estés de pé.

Agora colocade no corredor da casa ou nunha zona ampla, dous puntos ou marcas que sirvan de referencia. Tedes que intentar:

 - Cunha culler na boca e unha pelota pequena, ou unha canica, ou algo que se lle asemelle, pon a pelota na culler, e vai camiñando polo corredor dun punto a outro sen que se caiga.
- Agora un pouco máis difícil, vai camiñando cara adiante, pero volve ao punto inicial camiñando cara atrás
- Aínda máis difícil, vai camiñando cara adiante, senta, levanta, e volve cara atrás, fuches capaz?
- Camiñar a catro patas cun rolo de papel na espalda dun punto a outro.

RETO: Agora formamos unha torre cos rolos de papel hixiénico. A torre pode ser dunha altura, dúas, tres... cantos pisos ten a torre máis alta que es capaz de transportar polo corredor sen que caiga?



XOGAMOS EN FAMILIA COA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA


Como xogo en familia para manteros en forma, vos propoñemos xogar ao divertido xogo da oca! Adaptada para facer algo de exercicio nestes días que temos que quedar na casa, é unha boa forma de pasar o rato, compartir tempo en familia e riros todos xuntos. Apto para o número de xogadores/as que queirades e para todas as idades.


Explicación do xogo: Tirando un dado, o obxectivo do xogo é avanzar polas casillas facendo as probas e chegar á meta para poder gañar a partida. No caso de que algún xogador ou xogadora non poida facer algunha das probas, o resto dos xogadores cambiaranlle esa proba por outra do xogo ou inventaranse unha.


Casillas:
8: Facer unha posición de "ponte" de ximnasia.
14: Colle unha pelota e encesta nunha papeleira.
19: Volta a empezar.
20: Nesta casilla da oca volves á casilla 15.
21, 26: Guerra de polgares!
24: Quedas encerrado/a na cárcere durante o seguinte turno.


Agora a xogar e a pasalo moi ben!





Ningún comentario:

Publicar un comentario