Ola Familias:
Debido a esta situación que estamos a vivir comenzaremos a
empregar unha nova ferramenta de comunicación coas titoras que serán as
videochamadas a través da aplicación Cisco Webex Meetings.
Teredes que descargar a súa app en play store (con
descargala chega, non fai falla abrila)
A vosa titora acordará con vós un día e unha hora e vos facilitará por correo electrónico ou tokapp un link similar a este:
https://eduxunta.webex.com/meet/nometitora
Premeredes nel e automaticamente abrirase a app para poder
realizar a videochamada.
No caso de non ter
internet a titora facilitará un número de teléfono para poder acceder
(Pode ser que se apliquen cargos polas chamadas)
Aceptades os permisos para o audio, a cámara... etc.
No último paso pídese o voso nome e unha dirección de correo electrónico. Se non tedes e-mail poñeremos: nonresponder@edu.xunta.gal
A partir de aquí esperaremos a que comece a videochamada coa nosa titora.
Se tes máis dúbidas consulta o seguinte vídeo facilitado pola Xunta:
(Preme na imaxe)
ADVERTIMOS, que nesta situación debemos ser todos e todas escrupulosos/as coa privacidade das persoas.
O CPR CID non permite realizar nin fotos nin grabación algunha dos vídeos, das videoconferencias, das clases, e incluso subir ás redes Sociais de terceiros ningún tipo de documento orixinado dende o Colexio.
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario