martes, 21 de abril de 2020

Semana do libro en Educación Infantil


Ola familias!

Esperamos que esteades moi ben, temos moitas ganas de vervos pero aínda temos que esperar un pouquiño. Seguide como o estades a facer, que sodes as auténticas estrelas de esta situación.

Tendo en conta as orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 publicadas por la Consellería de Educación (á espera da publicación da normativa estatal correspondente), a continuación recóllese unha compilación de propostas lúdicas para que os nenos e nenas as realicen durante estes días sen actividade lectiva presencial (semana do 20 ao 24 de abril). Cada unha das actividades que se propoñen poden adaptarse ás capacidades, destrezas, habilidades e intereses de cada neno e nena.



Queremos facer moito fincapé nas rutinas que vos suxerimos o primeiro día, xa que consideramos que as actividades da vida diaria son fundamentais para o desenvolvemento dos vosos fillos e fillas. 

Doutra banda, posto que este xoves é o día do libro e tamén o día de San Jorge, queremos acercarvos un pouquiño a esta máxica lenda de dragóns, reis, princesas, cabaleiros e rosas vermellas que ven de moitos anos atrás.

 Antes de nada déixamosvos a lenda tradicional para que vexades de que estamos a falar, pinchade nas imaxes e accederedes ao video. 


https://drive.google.com/open?id=1JlO8_joxht56fHZVNRJIvSv0kn68bKbP



Despois da lenda tracional podemos ver como non sempre os dragóns son tan malos... 


https://drive.google.com/open?id=1S-5NfsVksmUjJgnLftIrmMbifq87POWS


 
e tampouco as princesas son sempre tan rosas.



https://drive.google.com/open?id=1QQs_cIAXWuWGeoZZLp4sgIof3i6Gvgn_


¿Facemos unhas manualidades?





Dragóns con rollos de papel hixiénico, pinzas ou caixas...



 Princesas e cabaleiros, con caixas de ovos ou con vaso de papel e culler de pau.



Experimentos coa refracción da auga. Poñemos un debuxo dun cabaleiro ou dunha princesa detrás dun vaso e, o poñerlle auga dentro, vemos como cambian!


Ou rosas vermellas con espirales de cartolina ou folios, estampando mans, pés ou froitas ou verduras.




E por que non contamos uns cantos dragóns? Cantos dragóns estamos a ver? Escribe o número no cadrado ao lado de cada dragón. (preme na imaxe para descargar)

PARA TRES ANOS                          PARA CATRO ANOS

https://drive.google.com/open?id=1W_I3UBfT0kYw-2HLjlTtr3DJYYzyc4nR

PARA CINCO ANOS

https://drive.google.com/open?id=1nA8SORSxhBcmOc0wC2HKBsogpTG2SuUq


E aquí vos deixamos unha sorpresa para todas e todos..., se pinchades na imaxe da biblioteca da aula do mar, teredes un reto...esperemos que vos guste e que poidades adiviñar cales son eses contos. Se vos apetece podedes enviarnos algún video para que poidamos adiviñar máis contos, entre todos.



https://drive.google.com/open?id=15VKYqucoOKUTFiYg_-1bu3aU7QKDNuP8

Para ver máis contos contados polas profesoras do cole só tedes que premer na imaxe e acceder á casa de Tico. Unha vez que pinchades no conto tedes que darlle a frecha de descargar. A continuación pulsades nos tres puntiños que tedes arriba á dereita e elixides a aplicación pola que queredes ver o vídeo. Agora xa podedes desfrutar dos contos!

http://acasadetico.blogspot.com/



E con isto  deixámosvos outra semana máis. Recordade que estamos interesadas en ver o que estades a facer, para poder levar un seguimento, podédesnos facer chegar as vosas tarefas a través do tokapp ou do correo do colexio.

Unha aperta moi forte! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario