martes, 21 de abril de 2020

CIRCULAR 21-04-2020


Estimadas familias:

O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.

Actualmente estamos á espera de que a Consellería de Educación dite unhas instrucións definitivas para os centros de Galicia xa que o Ministerio de Educación aínda non publicou a normativa estatal correspondente.  

Dende o centro seguiremos apoiando ás familias e ao alumnado e  propoñendo actividades educativas de reforzo, apoio, repaso, lúdicas… para continuar co desenvolvemento educativo. Realizarase un seguimento das tarefas pero non tedes de que preocuparvos, as mestras indicarémosvos como, cando e cales nos debedes enviar.

Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional tod@s as mestr@s sen esquecer a nosa mestra de apoio manteremos videoconferencias e contacto polo chat da aplicación Tokapp School e/ou  polo correo electrónico. Recibiredes indicacións e ante calquera dúbida podedes pórvos en contacto coa titora ou co centro. 

Seguiremos manténdovos informados ante calquera cambio.


Sairemos desta situación, ánimo e moita saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario