As mestras de Infantil segímosvos mandando moita forza... sabemos todo o esforzo que estades a facer por iso un forte aplausoooooo! Para que sexan uns días un pouco máis divertidos e entretidos cos vosos peques deixamos algún exemplo. Son moi fáciles de elaborar e de seguro que lles gustarán moito.
Pero, antes de nada, comezamos cun conto moi especial contado con moito cariño para todos vós!!!
PRANTAMOS UNHA SEMENTE? Coas cascas dun ovo podemos decoralas e despois utilizalo coma maceteiro.
CREAMOS OS NOSOS POLIÑOS E COELLOS DE PASCUA
DECORAMOS OVOS. Pintamos ovos con pompóns, corchos, canicas, pinturas, e os decoramos con diferentes abalorios, pastas, goments, plumas... tamén podemos picalos ou recortalos para decorar as nosas fiestras.
Tamén podemos cocer os ovos, decoralos e xogar con eles con números e con formas.
Que vos parece traballar coa lá?
E non nos esquezamos dos números...
PARA XOGAR COS DADOS,
E como facemos os dados?... clica na imaxe e verás que boa explicación!
RECEITA
XOGAMOS CO ARROZ, so necesitamos arroz, lentellas, fabas, garavanzos... e as cascas de ovos para xogar a facer trasvases. Tamén podedes decoralos e clasificar cores, alturas...
FACEMOS UN PUZZLE, colocando as pezas no seu lugar, podemos facelo máis fácil ou máis sinxelo según cortemos as pezas.
COELLO/POLO - PINZA. Cunha pinza da roupa faredes un gran clip para todos eses debuxos que estades a facer ou tamén decorar os maceteiros.
POLIÑO COA MAN, podemos facelo tanto con pintura ou marcando a nosa man nunha cartolina... ou o que se vos ocurra!
MIX DE PASCUA, estampamos mans, pés, facemos formas con patacas, cortizas e o que vos apeteza!
SE QUEREDES COLOREAR deixámosvos estes debuxos que podedes descargar clicando na imaxe.
Desexámosvos unhas FELICES PASCUAS!!!
ANIMÁDESVOS A MANDAR ALGUNHA ACTIVIDADE ?
Cantas máis pedras atopemos no noso camiño máis grande construiremos o noso castelo. ÁNIMO FAMILIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario