Os alumnos e alumnas de 1º plantamos unhas fresiñas o primeiro día da primavera para celebralo e vimos un vídeo moi bonito sobre a primavera de Vivaldi ao igual que fixeramos nas estacións de outono e inverno. Deixámosvos o enlace por se queredes desfrutar do vídeo e da música: Musizón e a primavera de Vivaldi
Ademais para traballar a creatividade e a ortografía inventaron o nome de dúas plantas de fresiñas. Saíron moitos, diferentes e moi bonitos todos eles pero ao final mediante votación ganaron estes dous:
Despois estivemos pintando e recortando flores e bolboretas para adornar as nosas ventás, pintando as letras da primavera para adornar o noso corcho e lendo poesías sobre esta estación.
Despois estivemos pintando e recortando flores e bolboretas para adornar as nosas ventás, pintando as letras da primavera para adornar o noso corcho e lendo poesías sobre esta estación.
Tamén @s alumn@s de 2º decoraron á súa aula e entrada e leron poesías tanto en galego como en castelán.
Os alumn@s de 6º recibimos a primavera cun poema de Antonio Machado "La primavera besaba" e fixemos uns orixinais caligramas, debuxos que intentan representar o contido do poema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario