O pasado 17 de abril, publicouse no BOP as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.
O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio, ambos os días incluídos.
Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poden obtelos AQUÍ, nos Rexistros Municipais, nos Centros Cívicos, nas Unidades de Atención Social (Ágora, Catro Camiños ou Monte Alto) ou na secretaría do colexio.
Deixámosvos as bases da convocatoria. Máis información no teléfono 010 de información cidadá e nos centros civícos municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario