Desta vez foi Rita , a mascota da aula, quen nos invitou a coñecer os animais da granxa, por iso decidimos profundizar un pouquiño mais
e facer tantas cousiñas.
O
primeiro que fixemos, foi construír un cerrado, para o cal cada grupo pegou
papeis dunha cor e posteriormente aproveitamos a facer unha serie. Despois, pouco
a pouco fomos enchéndoa de animais.
Construímos e decoramos o noso galiñeiro, onde
pintamos con pinceis e tamén fixemos unha galiña con plumas, introducindo
texturas novas e así poder traballar o tacto.
Coñecendo as galiñas vimos que poñían
ovos, polo que contabamos cantos ovos tiña cada galiña, cal delas tiña mais ou
menos ovos, clasificamos os ovos segundo a cor dos gomets e asociámolos coa cor
da galiña…traballando así, a lóxica-matemática, a través do xogo.
Como non, nunha granxa non poden
faltar os porcos, polo que pintamos con pintura de dedos o noso porquiño, ao cal
lle fixemos un rabo, que nos encanta…tanto que estamos tocando nel todo o
tempo. Como nos gusta pintar con pintura de dedos e acabar todos manchados, tal
cual os porquiños no barro.
Seguimos coñecendo animais, e unha
vaca chega a nosa clase…
-
Pero proooofeeee tenemos una vaca en clase
-
Pero proooofe, quien trajo esa vaca?
-
Pero prooofee que come la vaca?
Menuda sorpresa coa vaca na clase, e
aproveitando a semana da prensa, que
mellor oportunidade para crear a nosa propia noticia….acercándonos así á
lecto-escritura .
Pero isto non remata aquí, muximos a vaca e aproveitando que os luns
toca lácteos na merenda, fixemos a nosa propia merenda….leite con cacao. Que ilusión
, despois de muxir eles mesmos a vaca, facer a súa propia merenda e contar cantas
culleradas de cacao levaba a súa merenda.
Muxir a vaca foi todo unha experiencia. Foi unha das actividades que máis lles chamou a atención porque vían como saía o leite e como pouco a pouco no caldeiro e na cubeta tiñan cada vez máis….. aprendemos, facendo!
Outro dos animais que nos veu a visitar, foi o
pato. Xogamos a coller patos da auga, traballando a coordinación óculo-manual, respectando a quenda e escribindo o número de patos que quedaban na auga, cada vez que un amigo
retiraba un deles, intentando asociar número e cantidade. Non era doado coller os patos, pero entre
todos conseguímolo porque non somos un neno ou nena soamente, somos un equipo
que nos axudamos uns aos outros e que avanzamos collidos da man.
Pero ademais…xogamos na pizarra interactiva, onde nos divertimos cun libro lim creado polos compañeir@s do CEIP Princesa Sofía, fixemos quebracabezas, títeres para o noso teatro e xogamos a representar un animal e que os demais compañeiros/as o adiviñasen…moito nos está gustando o
teatro!!!
Xogamos aos bolos, intentando tiralos
todos coa pelota…pouco a pouco melloraremos a nosa precisión, pois ás veces a
pelota despistábase…
E xa por último,
fixemos a nosa propia granxa con material de refugallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario