Coa chegada da primavera, chegou á nosa clase un conto que nos gustou tanto,que decidimos traballar un pouquiño sobre el, partindo así, dos intereses das nenas e dos nenos da aula de 4º de Educación Infantil.
Fixemos a nosa eiruga, traballando a seriación e aproximándonos á lecto-escritura.Debíamos localizar a palabra "oruga" e posteriormente transcribila.
Ademais, xogamos a asociar número e cantidade e ordear de menor a maior coas froitas que ía comendo a nosa eiruga ao longo da semana, repasando así, os días da semana.
Por outra banda, tamén nos iniciamos na ordenación de secuencias a través do conto, reforzando así os números ordinais e as secuencias temporais como antes e despois.
Xogamos ao xogo da eiruga. Lanzábamos o dado e íamos andando tantas casillas como número nos indicara o dado. Unha vez que chegábamos á casilla que nos tocaba, decíamos que era e si era unha froita, buscábamos o nome entre as palabras ofrecidas.
Para seguir traballando a lecto-ecritura , intentábamos formar as palabras das froitas que aparecen no conto coas letras inmantadas.
Fixemos quebracabezas e xogamos cunhas tarxetas, nas cales debíamos contar cantas froitas ou doces había e posteriormente había que repasar con rotulador o número co que se correspondía.
En psicomotricidade, fixemos un circuíto de froitas. Foi moi divertido convertirse en eiruga e ir pasando polas froitas con moito coidadiño, tantas veces como froitas comera a eiruga no conto.
E como xa estabamos prácticos en atravesar as froitas, complicamos un pouquiño máis a actividade e decidimos atravesar unha folla verde como a eiruga, pero desta vez con agulla e la.
E despois de todo este proceso ,a eiruga chegou a convertirse nunha fermosa......BOLBORETAAAAA
Para rematar, aproveitando a conmemoración do día do libro, elaboramos o noso propio libro e levámolo ás nosas casas, para compartir coa familia.
Seguimos aprendendo un montón de cousiñas a través do xogo, partindo dos intereses das nenas e dos nenos e adaptándonos ás necesidades de cada un deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario