O mes pasado celebramos dous días moi importantes para todo o noso cole. O día da Terra, 22 de abril e o día do libro, 23. Tendo en conta que este ano continuamos co proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra", preparamos diferentes actividades que estiveran relacionadas cos dous temas. Aquí vos deixamos un resumo de todas elas.
Para empezar veunos a visitar o contacontos Iago e presentounos outro dos seus libros: "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".
Para empezar veunos a visitar o contacontos Iago e presentounos outro dos seus libros: "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".
Coma todos os anos, as clases de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria pasámolo moi ben escoitando o seu conto.
En Educación Infantil tamén celebramos con moita ilusión o día do libro.
En 4º de E.I. elaboraron o seu propio libro, aproveitando o proxecto que estaban levando a cabo " La pequeña oruga glotona" para levar ás casas e desfrutar coas familias da lectura.
En 6º de E.I. tamén traballamos un pouquiño con actividades relacionadas co libro ( mates, comida saludable e non saludable, series e repaso de cores en distintas gamas). Para finalizar pintamos, recortamos e picamos para elaborar un gran mural dende o nacemento da eiruga ata convertirse en bolboreta . Días despois tocou desfrutar da gran obra.
Como diciamos anteriormente, para rematar a semana do libro, as nenas e os nenos de Educación Infantil desfrutaron dunha obra de teatro baseada no conto " La pequeña oruga glotona", coñecido para todos eles e así poder facilitar a comprensión. Despois de desfrutar da obra de teatro, a eiruga trouxounos froita para recordarnos a importancia de comer froita todos os días e reflexionar sobre a importancia de non comer chuches habitualmente, non nos vaia a doer a barriga como a ela.
Ademais como xa melloramos moito coa lectura estivemos contándolles diferentes contos aos nosos peluches e recibimos un libro de agasallo: "Papá bolechas doa sangue".
Os nenos e nenas de segundo fixeron o seu propio libro e estiveron traballando en Lingua co libro "Pregunta a Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra" co que aprenderon moito sobre os animais e o noso planeta ademais de traballar a estructura da carta e a expresión oral e escrita coa descripción de animais.
Nunhas datas tan especiais non podían faltar as recomendacións de Tico que está relacionadas como diciamos anteriormente co proxecto Escoita a nosa Terra e concretamente cos temas que tratamos o día da Ciencia na Rúa.
Tamén @s nen@s de Educación Primaria fixeron as súas recomendacións.
E na aula de apoio aproveitaron a semana para mellorar os problemas de lectura partindo dos intereses de cada nen@.
Para rematar, dende o blogue do cole, queremos felicitar a deseñadora do marcapáxinas que ganou este ano. Parabens, Sara!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario