A semana pasada os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitamos as instalacións do Gadis Central para repasar dun xeito moi motivador os hábitos saudábeis por un lado, e polo outro o coidado do medio ambiente separando o lixo e empregando menos plástico.
Comezamos o repaso, cunha sesión na aula onde tiñanos que colocar distintas pegatinas no seu lugar correcto.
Despois visitamos as instalacións do Gadis Central, na rúa Socorro 43, onde Vanesa nos agardaba para explicarnos perfectamente a importancia de beber moita auga e menos zumes, os tipos de friames, carnes e pans máis saudables e os diferentes tipos de peixes que existen.
Os nenos e nenas atenderon moito e pasámolo moi ben, especialmente na peixería onde aprendemos a diferenza entre peixe azul e branco e vimos tamén diferentes tipos de marisco.
Para rematar obsequiaron a todos os nenos e nenas cunhas mochilas con productos moi saudables.
Moitas grazas pola vosa amabilidade e atención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario