luns, 12 de novembro de 2018

Festas Populares

Un ano máis chega o outono cargado de cores, choiva e...celebracións!

A semana pasada realizamos un montón de actividades:

Samaín 

O colexio apareceu decorado misteriosamente e as arañas, morcegos e cabazas apareceron en tódolos lugares.




A biblioteca promoveu varias actividades. Por unha banda apareceron os cemiterios de contos onde os rapaces, mediante un conxuro, estiveron a resucitar contos para poder desfrutar da súa lectura.


















E realizouse o VIII concurso de "Relatos monstruosos" onde houbo traballos moi orixinais. 


Noraboa ás gañadoras!




Nas aulas os pequerrechos decoraron cabazas, fixeron arañas, caveiras mexicanas  e...Pantasmiñas!!


Booooh!









Magosto 

Esta festa tradicional  traballouse de distintas maneiras:


  • Dentro da aula, para distinguir os distintos tipos de castañas, o seu ourizo e a súa árbore.







  • E fóra da aula, todos xuntos/as, celebramos unha gran castañada no patio, desfrutando de xogos populares.









xoves, 8 de novembro de 2018

FORMACIÓN PARA PAIS E NAIS




Dende a Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias” con dous obxectivos básicos:
- Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería.
- Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa.

Para iso, e coa colaboración do 061, trataranse os seguintes contidos:
- Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
- Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.

As datas concretas serán, 26-27-28 de novembro, en tres sesións de tres horas cada unha (de 17:30 a 20:30). O lugar de celebración será nas instalacións do CFR de A Coruña. 

As persoas que estean interesadas,  teñen que enviar un correo no que indiquen o seu nome e apelidos, e datos de contacto (teléfono, correo electrónico) así como o nome do centro a: cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes do vindeiro 19 de novembro. A inscrición no curso será por orde de chegada ata cubrir o número de prazas (30).

martes, 6 de novembro de 2018

O VENTO DO OUTONO ACHÉGANOS UN MONTÓN DE SORPRESAS

O vento sopra tan forte que as follas, as castañas, os ourizos, as cabazas, as landras... chegaron á nosa clase para poder aprender ao mesmo tempo que xogamos.




Os nenos e nenas de 4º de E.I. traballamos a chegada do outono, ao mesmo tempo que profundizabamos conceptos como dentro-fóra, grande-pequeno, arriba-abaixo... e  incluso, imitamos o vento para traballar o sopro en estimulación da linguaxe.




Iniciámonos nas series de lóxica-matemática, e xogamos ao bingo das cores ao mesmo tempo que traballamos a secuenciación, as cores e a atención ademáis dos froitos do outono.


Realizamos un proxecto baseado no conto Corre corre cabaciña que tanto nos gustou e aproveitamos para falar sobre o Samaín ,vimos como eran as cabazas por dentro, tocamos, manipulamos, "cociñamos" e ata decoramos a nosa propia cabaza.





Aqui vos deixamos o enlace por se queredes desfrutar cos peques deste conto que tanto lles gusta Corre corre cabaciña  


O xogo é unhas das experiencias máis importantes da infancia xa que inflúe na formación emocional, intelectual e social dos nenos e nenas, por iso nós,  aprendemos xogando.

PARABÉNS A TOD@S OS QUE CUMPREN ANOS EN SETEMBRO E OUTUBRO!!


Durante os meses de setembro e outubro, tivemos varios aniversarios e celebrámolos como a ocasión se merece no cole. Cantamos, sopramos as velas, compartimos biscoito...e sobre todo pasámolo moi ben cos compañeir@s do cole.

Parabéns peques!!!!











venres, 2 de novembro de 2018

O Samaín na granxa de 5 anos

                                         Arañas con ollos de cores

   Un ano máis  chegaron os días máis terroríficos do ano. Unha festa de orixe celta e celebrada    especialmente nos países anglosaxóns. Todos estábamos desexando  que comezasen  as manualidades e historias de medo. Como non podían faltar nun ambiente de terror empezamos decorando as nosas ventás coas arañas de ollos de cores e luminiscentes o chegar a noite!!! Que medo!!!  Con esta actividade potenciamos a concentración e o desarrollo motriz tan importante nestes idades.





O crebacabezas

   Seguimos destapando a fantasía e a ilusión por decorar a típica cabaciña que tanto lles gusta. Despois cada neno e nena  armou o seu crebacabezas desenvolvendo habilidades da mente ( pensamento crítico, coordinación de ollos e máns ), ademáis resolver puzzles é moi divertiiiiiido!






Caveiras mexicanas

   Co seu colorido, medo e historia gustaron moito os pequenos do cole! Aprendemos que as caveiras  tamén teñen un pouco de dulce; un conto engaiolounos relatando que éstas caveiras proveñen das caveiras cheas de gominolas  que se facían  en Mexico para celebrar o Día dos Mortos.  Foi terroríficamente divertido!






Personalizando as cabazas" cacahuete ". A vaca pinta.

   Despois de xogar e traballar sobre mil historias de bruxas, zombis, arañas, cabazas de catro ollos, esqueletos...aínda lles quedou enerxía para decorar unha vaca!!! Como estamos aprendendo moito no proxecto das vacas non podían faltar na  granxa. Cada granxeiro fixo a súa e entre todos buscamos os nomes para o noso rabaño! Parabéns artistas!!!

A desfrutar destes días familias!





xoves, 1 de novembro de 2018

O CEMITERIO DOS CONTOS

Este ano pasamos o Samáin cun pouco de medo, maxia...pero sobre todo con moita ilusión e responsabilidade. Os contos necesitaban axuda,  xa que unha pantasma, lles quitou as imaxes, as frases e as páxinas, e os contos quedaron sen vida... pero para iso estábamos os nenos e nenas de Educación Infantil. Entre todos fixemos unha variña máxica, puxemos un gorro de bruxa e recitamos un conxuro para así devolverlles as páxinas coas imaxes e as letras aos contos,  ao mesmo tempo que falamos sobre as diferentes emocións que aparecían nos contos. Eles queren estar entre nós, e queren que os leamos.... A cada conto que se resucitaba, colocabamoslle unha cara leda ata intentar que todas a  tiveran e ...sabedes que?
                                                      
                                                        
  

            Conseguímolo!!!! 

Os contos cumpren unha importante función educativa ao mesmo tempo que inician aos nenos e nenas no pracer da lectura. Ademáis,  axúdalles a estimular a súa imaxinación,  por iso este Samaín deixamos voar a imaxinación o máis lonxe posible.