mércores, 25 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

O día 17 de maio celebramos as Letras Galegas, unha festa para poñer en valor ademais do noso idioma, toda a cultura e idiosincrasia galega. Este ano a Real Academia Galega escolleu ao poeta, tradutor, escritor, editor e activista Florencio Manuel Delgado Gurriarán pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura.

Florencio M. Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Estudou primaria e bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. En Valladolid realizaou a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras.

Despois da guerra marchou a México e alí casou con Celia, filla de emigrantes galegos e coa que tivo cinco fillos.

Deuse a coñecer como poeta co seu libro Bebedeira, con poemas dedicados á súa terra de Valdeorras. En México foi un dos fundadores da revista Vieiros, do Padroado da Cultura Galega, da Irmandade Galeguista e da Hora de Galicia, un programa de radio que estivo en antena todos os domingos durante case vinte anos. Foi membro da Real Academia Galega.

Desde o colexio tamén quixemos participar nesta homenaxe realizando diversas actividades en cada un dos cursos. Incluso o alumnado de Infantil aprendeu un poema para mostrarvos (premede na imaxe).
 
 

A continuación deixamos unhas fotos que amosan todo o traballado.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 





 




















 



Ningún comentario:

Publicar un comentario