sábado, 7 de maio de 2022

Benvidos ao noso Colexio

 





Dende o CPR CID queremos dar a Benvida a 2 novos alumnos chegados da Ucraína.

O xoves foi un día cargado de emocións xa que o alumnado de infantil, 1º e 6º de educación primaria, deron á benvida aos  novos compañeiros/as con música, bandeiras de diferentes países e un gran aplauso. Ademáis recibiron un agasallo para facilitarlles o inicio ás clases.

Nas próxima semanas irán pouco a pouco coñecendo o noso idioma, aos seus compañeiros/as e ao profesorado.

 A volta á rutina é esencial para poder retomar as súas vidas pouco a pouco e co voso cariño, respecto e tolerancia faremos  que se sintan coma na súa casa.


Preme na imaxe para ver o vídeo de benvida



Preme na imaxe para ver o vídeo 












Ningún comentario:

Publicar un comentario