martes, 10 de maio de 2022

Cinema na escola

  Este curso o alumnado de 6º de E.P participamos no programa Cinema na Escola organizado polo Concello da Coruña. 

Despois de crear o guión, buscar localizacións, organizar horarios e xestionar todo o relativo á grabación e edición de vídeo, por fin terminamos Atrévete ti. Este é o título da nosa primeira curtametraxe coa cal participaremos no certame.


Preme na imaxe




Listado de cortos participantes


O xurado escollido para a ocasión dará o seu veredicto o xoves 12 de maio, ás 17:30h da tarde no Ágora, nunha Gala á cal os rapaces e rapazas participantes están convidadas e convidados. Alí estarán acompañadas e acompañados por dúas profesoras do centro.


Noraboa por lo voso esforzo e traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario