mércores, 18 de maio de 2022

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022-2023

 Onte publicouse no DOG a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

O prazo para a entrega de solicitudes será do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022, ambos incluídos.

Modo de presentación:

- De xeito presencial: na secretaría do centro, solicitando cita previa por teléfono (981 255 244) ou por correo (cpr.cid@edu.xunta.gal).

- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal).

A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. 

O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtida a praza para o curso 2022/2023.

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

ANEXO I

ANEXO II

PRAZOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario