O día 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar ou Bullyng co principal obxectivo de concienciar á poboación sobre o risco que conleva o acoso, buscando as ferramentas necesarias para combatir este mal e así evitar a violencia nos centros escolares.
O acoso escolar é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa xa sexa de forma verbal ou física, causando un dano temporal ou permanente na vítima.
Durante todo o curso realizamos diversas actividades que fomentan a unión e a cohesión grupal, a importancia de valores como o compañerismo, o respecto, a igualdade, ou a empatía pero, esta semana foi moi especial xa que, para traballar esta temática eleximos o libro de "El Garbancito Lechoso", da autora Libertad del Rocío de la Torre, e a súa ilustradora: Carla Calero de la Torre.
O libro fíxonos reflexionar sobre como pórnos na pel dos demais, como poder afrontar xuntos o acoso escolar, escoitar os nosos sentimentos, como nos podemos sentir en diferentes situacións cotiás, ou como poden ferir as nosas palabras que ás veces non nos paramos a pensar antes de dicilas.
Dende a casa tamén se debe reflexionar, evitando dicir expresións como "é cousa de nenos", xa que acabar con esta lacra é cousa que nos compete a todos.
Despois da lectura do libro, fixemos diferentes actividades nas aulas e conxuntamente seguimos o exemplo do libro escribindo unha carta ao eu do futuro anónima onde se podían expresar como se sentiron algunha vez ou se tiveron situacións parecidas ás contadas no libro. Seguidamente, pegámolas nunha man de stop acoso co obxectivo de que todos poidamos lelas e reflexionar sobre situacións que acontecen.
Para iso, fixemos uns collages que vos poñemos a continuación e poidades ver o que aprendemos:
Estampamos as mans de stop acoso...
Ningún comentario:
Publicar un comentario