Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2025-2026
- Listado de libros e material escolar. Curso 2025-2026
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 24-25
- EXTRAESCOLARES 24-25
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2024-2025
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
martes, 13 de novembro de 2018
ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR
De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 08/10/2018), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar segundo as seguintes normas:
1. De acordo á normativa vixente corresponde este ano corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016. O quinto representante dos pais/nais será designado pola ANPA do Centro.
2. Son electores todos os pais/nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no censo correspondente que dende do día 9 de novembro está á vosa disposición na secretaría do Centro. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14, 00 horas do día 16 de novembro.
3. Son elixibles os pais nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do Centro ou no blogue do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14, 00 horas do día 19 de novembro.
4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 20 de novembro, ás 14,10.Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5. O día 21 de novembro publicaranse as candidaturas admitidas.
6. A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 28 de novembro, ambos días inclusive.
7. As votacións realizaranse o 28 de novembro desde as 8, 50 ata as 9.15 e das 13, 45 ata as 14, 30. Cada elector deberá acreditar a súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo. Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo dun nome dos candidatos presentados.
8. Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.
9. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do Centro.
10. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Resolución do 25 desetembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos
Modelo Candidatura
luns, 12 de novembro de 2018
Festas Populares
Un ano máis chega o outono cargado de cores, choiva e...celebracións!
A semana pasada realizamos un montón de actividades:
Samaín
O colexio apareceu decorado misteriosamente e as arañas, morcegos e cabazas apareceron en tódolos lugares.
A biblioteca promoveu varias actividades. Por unha banda apareceron os cemiterios de contos onde os rapaces, mediante un conxuro, estiveron a resucitar contos para poder desfrutar da súa lectura.
E realizouse o VIII concurso de "Relatos monstruosos" onde houbo traballos moi orixinais.
Noraboa ás gañadoras!
Nas aulas os pequerrechos decoraron cabazas, fixeron arañas, caveiras mexicanas e...Pantasmiñas!!
Booooh!
Magosto
Esta festa tradicional traballouse de distintas maneiras:
- Dentro da aula, para distinguir os distintos tipos de castañas, o seu ourizo e a súa árbore.
- E fóra da aula, todos xuntos/as, celebramos unha gran castañada no patio, desfrutando de xogos populares.
xoves, 8 de novembro de 2018
FORMACIÓN PARA PAIS E NAIS
Dende a Consellería de Educación,
a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás
familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse
a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias” con dous
obxectivos básicos:
- Coñecer e dominar as técnicas
de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo
da Consellería.
- Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes
que afecten á saúde da Comunidade Educativa.
Para iso, e coa colaboración do
061, trataranse os seguintes contidos:
- Primeiros auxilios e atención a
urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
- Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.
As datas concretas serán, 26-27-28 de novembro, en tres sesións de tres horas
cada unha (de 17:30 a 20:30). O lugar de celebración será nas instalacións do
CFR de A Coruña.
As persoas que estean
interesadas, teñen que enviar un correo no
que indiquen o seu nome e apelidos, e datos de contacto (teléfono, correo electrónico)
así como o nome do centro a: cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes
do vindeiro 19 de novembro. A inscrición no curso será por orde de chegada ata
cubrir o número de prazas (30).
martes, 6 de novembro de 2018
O VENTO DO OUTONO ACHÉGANOS UN MONTÓN DE SORPRESAS
O vento sopra tan forte que as follas, as castañas, os ourizos, as cabazas, as landras... chegaron á nosa clase para poder aprender ao mesmo tempo que xogamos.
Os nenos e nenas de 4º de E.I. traballamos a chegada do outono, ao mesmo tempo que profundizabamos conceptos como dentro-fóra, grande-pequeno, arriba-abaixo... e incluso, imitamos o vento para traballar o sopro en estimulación da linguaxe.
Iniciámonos nas series de lóxica-matemática, e xogamos ao bingo das cores ao mesmo tempo que traballamos a secuenciación, as cores e a atención ademáis dos froitos do outono.
Realizamos un proxecto baseado no conto Corre corre cabaciña que tanto nos gustou e aproveitamos para falar sobre o Samaín ,vimos como eran as cabazas por dentro, tocamos, manipulamos, "cociñamos" e ata decoramos a nosa propia cabaza.
Aqui vos deixamos o enlace por se queredes desfrutar cos peques deste conto que tanto lles gusta Corre corre cabaciña
O xogo é unhas das experiencias máis importantes da infancia xa que inflúe na formación emocional, intelectual e social dos nenos e nenas, por iso nós, aprendemos xogando.
PARABÉNS A TOD@S OS QUE CUMPREN ANOS EN SETEMBRO E OUTUBRO!!
Durante os meses de setembro e outubro, tivemos varios aniversarios e celebrámolos como a ocasión se merece no cole. Cantamos, sopramos as velas, compartimos biscoito...e sobre todo pasámolo moi ben cos compañeir@s do cole.
Parabéns peques!!!!
venres, 2 de novembro de 2018
O Samaín na granxa de 5 anos
Arañas con ollos de cores
Un ano máis chegaron os días máis terroríficos do ano. Unha festa de orixe celta e celebrada especialmente nos países anglosaxóns. Todos estábamos desexando que comezasen as manualidades e historias de medo. Como non podían faltar nun ambiente de terror empezamos decorando as nosas ventás coas arañas de ollos de cores e luminiscentes o chegar a noite!!! Que medo!!! Con esta actividade potenciamos a concentración e o desarrollo motriz tan importante nestes idades.
O crebacabezas
Seguimos destapando a fantasía e a ilusión por decorar a típica cabaciña que tanto lles gusta. Despois cada neno e nena armou o seu crebacabezas desenvolvendo habilidades da mente ( pensamento crítico, coordinación de ollos e máns ), ademáis resolver puzzles é moi divertiiiiiido!
Caveiras mexicanas
Co seu colorido, medo e historia gustaron moito os pequenos do cole! Aprendemos que as caveiras tamén teñen un pouco de dulce; un conto engaiolounos relatando que éstas caveiras proveñen das caveiras cheas de gominolas que se facían en Mexico para celebrar o Día dos Mortos. Foi terroríficamente divertido!
Personalizando as cabazas" cacahuete ". A vaca pinta.
Despois de xogar e traballar sobre mil historias de bruxas, zombis, arañas, cabazas de catro ollos, esqueletos...aínda lles quedou enerxía para decorar unha vaca!!! Como estamos aprendendo moito no proxecto das vacas non podían faltar na granxa. Cada granxeiro fixo a súa e entre todos buscamos os nomes para o noso rabaño! Parabéns artistas!!!
A desfrutar destes días familias!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)