xoves, 1 de xuño de 2023

II Certame de Cinema na Escola

Este ano o alumnado de 6º participou  no II Certame de Cinema na Escola coa curtometraxe " A Taquilla".

Esta iniciativa, levada a cabo polo concello da Coruña, persegue converter a cada neno e nena en verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias en galego.

Despois duns meses de esforzo e  traballo a semana pasada chegou o día da Gala e... non podemos estar máis contentos/as:

  • 1º premio en interpretación,
  • 1º premio do público,
  • 2º premio mellor guión,
  • 2º premio mellor son.

Noraboa rapaces e rapazas!







A Taquilla




Ningún comentario:

Publicar un comentario