martes, 6 de xuño de 2023

Un maio cheo de excursións

Durante o mes de maio, o alumnado do noso colexio desfrutou de varias excursións onde o pasaron xenial e aprenderon moito.

A fin de semana do 12 ao 14 de Maio o alumnado de sexto de primaria foi de excursión de fin de etapa. Estiveron nun campamento en O Grove (Pontevedra) e alí fixeron moitas actividades: pádelsurf, piragüismo, kayak, snorkel, escalada, tirolina, etc… Tod@s  volveron moi content@s e o pasaron xenial.










Ademais, Arturo celebrou durante a excursión o seu aniversario, unha festa nunha fin de semana que non olvidará.


Unha convivencia de tres días, para despedir a súa etapa no colexio Cid onde se levan grandes recordos.





Á volta desta excursión, o día 22 de maio, o alumnado de sexto de primaria foi ao museo de Belas Artes onde lles explicaron moitas obras de arte e coñeceron moitos datos sobre diversos artistas. Faláronlles sobre o realismo,o figurismo e o abstractismo.









Por outra banda, o día 25 de maio o alumnado de infantil fixo unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Alí aprenderon moito sobre a fauna mariña da nosa contorna e viron de cerca o que se esconde nos fondos mariños.







Para rematar, o día 29 de maio, o alumnado de quinto e sexto de primaria fixo o itinerario "Quen é quen?" polas rúas do centro da Coruña. Nesta saída lles explicaron parte da historia da nosa cidade e coñeceron datos curiosos como cal é o edificio mais antigo da nosa ciudade ou cales eran os nomes das primeiras rúas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario